Anúncianse novos recortes na hospitalización de saúde mental infantil e xuvenil no Hospital Álvaro Cunqueiro

ilcanallarubens_hospital-c3a1lvaro-cunqueiro_vigo_2015_fachada

 

Hai máis de dous meses o movemento galego de saude mental denunciaban a situación inaceptable na que se atopa a hospitalización de saúde mental infantil e xuvenil da poboación da zona sur de Galicia: as condicións intolerables e antiterapéuticas que infrinxen a legalidade, a vulneración de dereitos da infancia, a carencia de plans e de recursos e dotacións axeitadas, o incumprimento de promesas electorais e das realizadas polos xestores do novo hospital, etc.

En informacións recentes os xefes de servizo de Pediatría e Psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro recoñecen a situación e falan de solucións simples, que pasan en síntese por diferenciar a hospitalización de nenos/as e de adolescentes de tal xeito que a primeira aparecería situada en Pediatría e a segunda nun espazo reformado no lugar de hospitalización de adultos no que, illando un corredor, se habilitarían camas para adolescentes.

Abandónase así a idea dunha Unidade de Hospitalización única sustentada nun proxecto terapéutico específico e nas orientacións de planificación existentes ata agora, din dende o movemento galego de saude menta, para dar unha saída apresurada á situación denunciada. Ademais esa proposta non é realizada por responsables de medio ou elevado rango do SERGAS, senón desde o nivel de xefaturas de servizo. Foi así como se fixeron e se seguen a facer unha parte dos recortes: aparentando crear novas unidades que en realidade se van transformar, e con iso recortar prazas (que son moito máis que camas), de hospitalización de adultos coas súas correspondentes dotacións materiais, profesionais e espaciais para así cubrir mal o que se prometera crear con recursos específicos.

E todo iso vai ocorrer facendo xestión improvisada, sen coñecemento nin participación dos profesionais da Área, manifeistan dende o movemento, facendo diferenciacións na hospitalización de pacientes infantís e adolescentes, recortando recursos cando ao tempo se segue a derivar a pacientes adultos necesitados de hospitalización a clínicas privadas, sen ter aínda o equipo facultativo ao completo nas Unidades de Hospitalización de Adultos (seguen a faltar especialistas en Psicoloxía Clínica), e cando tampouco se resolveu a carencia de espazo adecuado para a hospitalización baixo custodia.

Non é aceptable ningunha solución que non sexa a de creación dunha Unidade de Hospitalización de Saúde Mental para a Infancia e Adolescencia da zona Sur de Galicia con recursos específicos de nova creación (proxecto e programas terapéuticos definidos, espazos, materiais e dotacións profesionais).

As solucións que agora son coñecidas son só apaños que desvisten a uns santos para vestir mal a outros, e son tamén enganos de quen acepta recortar recursos asumindo a responsabilidade das promesas incumpridas e poñendo así a cara por quen goberna, enganden dende o movemento.

O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) é un movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas. Está formado por máis de catrocentos profesionais da saúde mental pública de Galicia, profesionais da Administración de Xustiza, cidadáns que comparten a súa Declaración, organizacións sindicais (CIG Saúde, ederación de Sanidade de CCOO) , Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, organizacións de familiares e usuarios dos servizos de saúde mental (Fonte da Virxe, A Creba, ASDAN, Xaruma, ONG-Solidarios Anónimos, Dédalo, Albores), Xuíces Pola Democracia, Unión Progresista de Fiscais, Asociación Galega de Médicos Forenses, Asociación de profesionais de drogodependencias, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Asociación Nacional de Enfermería en Saúde Mental, Mesa Galega da Psicoloxía Clínica, Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes, Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas, Equipo Boa Vida, Asociación Galega de Saúde Mental – Asociación Española de Neuropsiquiatría, Plataforma en defensa da rofesionalización dos Servizos Sociais.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: