As Plataformas en defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña esixen máis transparencia nas listas de espera e maior compromiso co cidadán

ilcanallarubens_hospital-álvaro-cunquiero_vigo_2016-758x505

O triunfalismo do Sergas empregando os datos das demandas cirúxicas como reclamo publicitario dunha boa xestión sanitaria en Galiza choca coa crúa realidade. Son medias verdades, cifras que ocultan a cidadanía a verdadeira política sanitaria da Xunta: continuando a derivación de partidas orzamentarias de cartos públicos a concertos con clinicas privadas, sen por en valor neses concertos o control da transparencia e calidade necesarios. Falta de control escandalosa como deixa en evidencia o informe do Tribunal de Contas do ano 2014 que fai úns días era entregado no Parlamento de Galiza, así manifestan desde as plataformas.

Pola contra renúncia iniciar a recuperación da sanidade pública centrando a súa política no incremento de “xornadas extraordinarias” (como dí eufemísticamente o Xerente de Vigo, “actividade autoconcertada”), de carácter puramente conxutural sen abordar os ivestimentos precisos en medios e persoal que garantan con certeza os dereitos sanitarios dos cidadáns.

Na rolda de prensa o venres pasado o Xerente da área sanitaria de Vigo, o señor Felix Ruibal, presentaba unhas cifras da demora nas listas de espera nesta área dunha maneira moi triunfalista destacando o labor e esforzo do centro concertado Povisa.

As Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Moaña, quedan moi sorprendidas por estas declaracións polos seguintes motivos:

  • – A veciñanza do Morrazo para nada se ve reflexada na estadisticas de 86,6 de días de espera no centro Povisa para unha intervención cirúrxica.
  • – A veciñanza do Morrazo non se lle informa nin son chamados polo centro Povisa para darlle alternativas cando están na lista non extrúral do centro e levan máis de 180 días de espera, como fan os hospitáis públicos.
  • – A veciñanza do Morrazo non entende como un xestor público defende un centro privado que durante décadas e décadas aproveitou os orzamentos públicos para súa expansión empresarial olvidándose da calidade da asistencia dunha poboación secuestrada nunhas históricas listas de espera de máis de 190 días que agora, din, se acortan puntualmente…

Deberían os responsables sanitarios aproveitar a ocasión para informar aos usuarios adscritos ao centro privado Povisa de que teñen a posibilidade de exisirlle a este Centro que cumpla co regulado sobre dereitos e garantías sobre o tempo máximo de espera, pois todas e todos temos os mesmos dereitos con idependencia do hospital de referencia din desde ás Plataformas.

Todo isto se produce no maior oscurantismo sobre o uso dos nosos cartos o que fai necesario reclamar un novo contrato social da sociedade civil con maior presencia dos cidadans e cidadas que garanta unha maior transparencia, manifestan as plataformas.

As Plataformas do Morrazo fan un chamamento aos veciños e veciñas do morrazo a denunciar a súa situación de padecemento de meses, ou incluso anos, nas listas de espera.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: