A marea que vai chegar a San Caetano con o sen Podemos

ilcanallarubens_mareaconstituinte_vigo_2016-758x426

Jorge Suárez, Martiño Noriega, Xulio Ferreiro, Xosé Manuel Beiras, Carmen Santos, Yolanda Díaz, Xosé Lois Piñeiro, Ledicia Piñeiro e Xan Xove interviñeron no acto de peche da Marea Constituínte

A Marea Constituínte iniciou o sábado o camiño para gañar a Xunta e ofrecer unha alternativa ás políticas antisociais do Partido Popular. Os alcaldes de Ferrol, Jorge Suárez, Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e A Coruña, Xulio Ferreiro, impulsores desta xornada, salientaron o consenso acadado, con esforzo, xenerosidade e traballo conxunto. Durante a clausura do acto, no auditorio Mar de Vigo, os tres estiveron de acordo en sinalar que deste entendemento xorde un proxecto político que irá moito máis alá das vindeiras eleccións autonómicas, que lle devolverá o poder á cidadanía.

“Desde o corazón e desde a esquerda, hoxe constituímos a alternativa á mafia do PP. Hoxe é un día historico, comeza unha marea que veu para quedarse e construír un novo país para todas. Imos cambiar a Feijóo polo pobo!”, afirmou Jorge Suárez, tras agradecer o traballo de todas as persoas implicadas na Marea Constituínte.

“Debiamoslle esta marea aos milleiros de galegos e galegas agredidos polo réxime do PP, que está a dar as súas últimas boquexadas. O noso é un espazo complexo, con moitas sensibilidades e visións, pero ten que ser así. Temos que estar todas unidas, para derrotar á dereita neste país. Somos formacións políticas, plataformas cidadás, candidaturas municipalistas, mareas grandes e pequenas. Estamos en disposición de abrir unha nova etapa en Galicia, de esperanza e de xustiza”, salientou Martiño Noriega.

E Xulio Ferreiro engadiu que “a intelixencia colectiva fixo posible a creación dun novo proxecto político que si nos representa. Temos en marcha o tren que vai chegar a San Caetano e máis alá, e ao que se vai subir moita xente máis”. Pediu que desde hoxe “deixemos de falar de nós e falemos do que hai aí fóra, falemos dos recortes en sanidade, dos desafiuzados, da xente que precisa axuda para sobrevivir día a día. Precisamos que o goberno da Xunta sexa un aliado das clases populares, non o seu inimigo”.

Os piares dun proceso que vai seguir medrando

Xosé Manuel Beiras, voceiro de Anova e membro da coordinadora provisional elixida en Vigo, lembrou que máis de 2.500 persoas asinaron o manifesto dos alcaldes que deu orixe a esta Marea Constituínte. “Nesta xornada, artellamos a ferramenta política que vai ser a alternativa a Feijóo. Pero, ademais, montamos os piares dun proceso que vai seguir medrando, e vai ter unha singradura de longa duración. Hoxe fixemos algo que semellaba impensable hai quince días. Vencemos as suspicacias, o partidismo, e logramos dar o primeiro paso o proceso rupturista de emancipación dos galegos e as galegas”, engadiu.

Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, interveu tamén na clausura do acto e asegurou que “temos unha loita común para botar a quen nos machaca todos os días. Sabemos que é a nosa obriga entendernos. Temos case todo en común, levamos no noso ADN a loita social, polo que nos atoparemos no camiño”. E fixo unha reclamación: “O cambio non só e posible, é irreversible. Pero temos que meterlle pobo, xente, cidadanía. As persoas e non as organizacións teñen que ser as protagonistas”.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, lembrou que “hoxe é un día histórico, pero non podemos esquecernos do xermolo desta gran marea, AGE primeiro e as mareas municipalistas despois foron fundamentais neste camiño. O cambio é imprescindible para as máis e para os máis”. E puxo en claro o balance de sete anos de Feijóo: “Imos herdar unha un país espoliado, máis pobre e máis desigual, por iso é imprescindible unha nova política, unha nova forma de facer as cousas: unha política económica que pense na xente do común, unha política social que non deixe a ninguén na cuneta, unha politica medioambiental que defenda os nosos recursos. Queremos unha Galicia soberana, na que decidamos por nós, de xeito fraternal, unha Galicia igual entre homes e mulleres, onde as mulleres sexamos o motor de arranque”

Xosé Lois Piñeiro, alcalde da Pobra do Caramiñal, lembrou que “somos xente moi diferente, pero coincidimos en como amañar os problemas de Galicia: con xenerosidade e ilusión, contando coas persoas. Non podemos darlle a Feijóo a oportunidade de seguir destruíndo o país e á súa xente. En maio agromou unha marea que varreu a corrupción, e trouxo a xustiza, unha nova forma de gobernar que agora imos levar á Xunta”.

Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común, destacou o “enorme consenso que conseguimos hoxe, pensando non en nós, senón en quen está aí fóra, sufrindo as políticas de austeridade”. E engadiu que “entre todas, imos gañar a xunta por quen ten sete contratos nun mes, polo precariado, pola xente do rural e do mar e polas migrantes que chegan en ataúdes as nosas costas. Por todas elas, imos gañar”.

En nome da mesa xestora que impulsou esta Marea Constituínte interveu Xan Xove, quen lembrou que “hoxe abrimos a primeira páxina dun libro que se escribirá por moitos anos, e que servirá para rematar coa desfeita de Alberto Núñez Feijóo”.

Fotos da xornada

Anuncios

Una respuesta a “A marea que vai chegar a San Caetano con o sen Podemos

  1. Pingback:Galiza a Eleccions o 25S | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: