O mercado laboral galego continúa a destruír emprego e no segundo trimestre deste ano contabiliza 5500 activos/as menos que en 2015

ilcanallarubens_desempregados feria emprego empregalia_2015_Vigo

Medra a temporalidade e mantense o alto índice de paro xuvenil e de longa duración

O mercado laboral galego non dá síntomas de recuperación e continúa a destruír emprego, tal e como amosan os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre de 2016. O noso país contabiliza un total de 5500 activos/as menos con respecto ao mesmo período do ano anterior, ao tempo que rexistra un incremento da temporalidade e mantén un alto índice de paro xuvenil e de longa duración.

Como vén sendo habitual no segundo trimestre de cada ano, as cifras da EPA deixan ver de novo un incremento da poboación ocupada e un descenso da parada; a situación explícase polo feito de que se trata de contratación ligada ao período estival, e polo tanto aos servizos, o único sector que rexistra un comportamento positivo.

As principais variábeis evolucionaron da seguinte maneira:

ilcanallarubens_datos epa.ine_2016

A lixeira recuperación de activos, con 7900 máis que no trimestre pasado non se mantén con respecto ao ano anterior, xa que a nivel interanual continúa a perda de poboación activa, concretamente 5500 activos/as menos.

Ao mesmo tempo, o incremento da poboación ocupada, un total de 12.900 persoas, prodúcese case exclusivamente no sector servizos, onde a ocupación medra en 13.000 persoas; na construción prodúcese unha perda de ocupados/as, 1500 persoas menos, mentres que a industria non rexistra variación.

O feito de que a práctica totalidade do incremento da ocupación sexa no sector servizos, así como o feito a que a maioría dos contratos fosen temporais, demostra o carácter meramente conxuntural desta evolución.

Outro dos factores negativos do comportamento do paro ten que ver con que a pesar de que o número de parados reduciuse en 5000, persiste unha taxa de desemprego xuvenil do 52,1%; ademais, o 44% dos parados/as levan máis de dous anos nesta situación. E un total de 75.700 familias teñen a todos os seus membros activos no paro.

Atendendo a estes datos, dende a secretaría confederal de Emprego e Industria da CIG inciden no fracaso das sucesivas reformas laborais aplicadas polos Gobernos do PSOE e do PP, xa que serviron unicamente para devaluar os salarios e precarizar as condicións de traballo.

Neste senso, o seu responsábel, Miguel Malvido, alerta de que as conecuencias destas reformas deixan o noso país nunha situación social insostíbel, “con milleiros de traballadores/as no límite da pobreza e en risco de exclusión, xa que na actualidade contar cun salario non garante unha vida digna”.

Finalmente, Malvido fai fincapé na alta temporalidade do emprego, que non deixa de medrar mes a mes, así como na elevadísima taxa de desemprego xuvenil e de longa duración. “Non pode ser que haxa case 76.000 familias con todos os seus membros no paro, xa que isto quere dicir que nos atopamos diante dunha situación sociolaboral moi grave”, remata.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: