Convocan unha marcha protesta polo atraso da concesión para a praia canina

ilcanallarubens_praia-santa-baia_alcabre_vigo_2016

Abel Caballero anuncio polo mes de Abril no seu programa de LocaliaVigo que nuns días Vigo contaría cunha nova localización para que os donos e donas de cans poidan gozar a praia coas súas peludos e peludas, e xa estamos en Agosto.

Un grupo de donos e donas cansados de tanta dilatación convocaron para mañá 4 de Agosto unha marcha que irá desde a praia de Samil ata a de Mouriscade -pola parte de atrás do Museo do Mar de Galicia-.

Esta marcha débese a que levan tres averanos que Vigo leva sen unha praia canina. Reprochan ao concello que non se realizou os trámites a tempo e haxa que esperar ata 2017.

O punto de saída desta marcha protesta será ás 20 horas ante o posto da Cruz Vermella situada no paseo do areal de Samil. Xa non é a primeira que fan a última data do 2012.

Fagamos memoria

Desde o 2012 viguese e viguesas levan pedindo unha praia na cal compartir cos seus peludos no verán , dita petición atópase no aire hoxe en día, despois de realizar unha experiencia xa que parece ser que para o alcalde non é importante tal petición popular da cidade, a cal solicitaron máis de 8.000 persoas e numerosas protestas acontecidas na cidade reclamando dita petición.

Segundo Abel Caballero alega que hai dificultades para facer realidade dita petición popular, o alcalde fixo un experimento no 2014, a praia elixida no seu momento foi na illa de Toralla e a máis próxima ao areal de O Vao, o ano pasado eliminouse tal experimento co compromiso de que se recuperaría no 2016.

Tal eliminación foi porque os veciños da zona opuxéronse e producíronse discusións con propietarios dos cans. O ano pasado o Concello estudou outras localizacións, pero pospuxo a este, aínda que o asunto segue no aire, o alcalde prometeu no seu programa de LOCALIA do pasado mes de Abril á petición dunha televidente, en dita promesa a televidente dixo que xa tiñan unha praia asignada para este verán, veran que se atopa no seu ecuador, no dito programa non dixo cal sería a praia, mentres que Caballero negouse falar do tema o pasado 27 de maio deste ano, aínda que asegurou que o están estudando cando en localia asegurou que xa tiñan unha praia para cumprir a petición popular.

A contradición de dicir que xa tiñan a praia a que están en estudando o tema xa é cotián no rexedor vigues, a contradición veu cando un xornalista pregúntolle polo tema o pasado día 27 de maio, a resposta foi que «Seguimos niso, pero non me pregunte», foi a resposta que deu ao xornalista.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: