Pablo Igleisas a doutrina Dimitrov

ilcanallarubens_dimitrov e iglesias_2016

A ESTRATEXIA política de Podemos, paréceme brillante nos seus comezos pero a verdade e que despois foi en decadencia. Pablo Iglesias o díxo moitas veces no seus comezos: «Con sopas de siglas non gañaremos». Os acrónimos son cousa da esquerda clásica. Podemos non quere sumar siglas nin ideoloxías senón xente, persoas correntes. Vostede, eu, o veciño, na actualidade PODEMOS esta a tranformarse a ritmos axigantados despois da sua asemblea de Vista Alegre.

Pero ao parecer ese discurso de PODEMOS nestes últimos meses esta a mudar, estan a adoitar a estratexia de sumar siglas tal como un fronte frontista xa que lle veron as orellas ao lobo vendo que coa sua pelaxe de ouvellas non podian.

A idea de sumar siglas é moi vella. Expúxoa en 1935 o secretario xeral da Internacional Comunista, Georgi Dimitrov. Georgi Dimitrov ten o gran mérito de traballar a política, a estratexia e a táctica do movemento comunista. De especial importancia é a súa idea da creación de amplas frontes populares antifascistas como unha forma de organización e de unión da clase obreira, o campesiñado, a intelectualidade e de todas as forzas patrióticas e democráticas para afrontar a loita contra o fascismo e o imperialismo.

España tomoulle a palabra e creou a Fronte Popular en 1936. Todas as siglas da esquerda uníronse, incluso o PSOE, e gañaron as eleccións. A idea agora sería facer algo parecido coa unión Podemos-EU e partidos soberanistas como ICV, Compromís, Mareas, Més per Mallorca, etc. Hainos que mesmo piden que o PSOE se some. Así, gañarían as eleccións de rúa. Sumando os votos chegarían aos 12 millóns. Maioría absolutísima. Todo moi bonito pero a doutrina Dimitrov está obsoleta e Iglesias sábiao ata despois do 20D que veu que era preciso empregala.

A xente está farta das siglas. Moitos líderes da vella esquerda son «uns cenizos» e non souberon adaptarse. A xente abúrrese con antigos lemas e puños levantados. Tampouco quere ler a Marx porque non o entende. Prefiren, aínda que non o saiban, a oratoria cristalina de Lenin que adoptou Podemos: paz e pan.

A perda de votos do 26 de Xuño pola parte da formación morada, a perda dese millón de votos vaixo a miña optica debese a seu imobilismo a eso de deixar a rúa, no 20 de decembro a formación morada moveuse pola rúa sen deixar esquina sen pisar pero en Xuño acomodaronse e centrarón a súa mensaxe en “Pedro non somos os teus enemigos” depois de que en 6 meses os seus improperios cara a formación vermella socialista non parasen, e ese desgaste foi pagado e ben caro tanto para a formacion vermella e para a formación morada.

Voltando, Iglesias arríscouse na coalición con EU metendose nunha sopa de siglas insustentable no actual podemos xa que os principios da formación podemita tiña os mesmos valores ca de ESQUERDA UNIDA.

EU xa é en si mesma unha coalición. Podemos terá que contar, atención, con todos estes: Partido Comunista de España (PCE), Unión de Mocidades Comunistas de España (UJCE), Esquerda Aberta, Esquerda Republicana, Redes, Colectivo de Unidade dos Traballadores (CUT-BAI), Ecosocialistas da Región de Murcia, Esquerda Socialista Andaluza (ISA), Iniciativa polo Hierro, Iniciativa per Catalunya Verds, Equo, Esquerra Unida i Alternativa (Partit dels Comunistes de Catalunya, Partit Socialista Unificat de Catalunya Viu, Partit Obrer Revolucionari), Compromís (Bloc Nacionalista Valencià, Unitat do Poble Valencià, Partit Valencià Nacionalista, Nacionalistes d’Alcoi, Iniciativa do Poble Valencià, Els Verds – Esquerra Ecoloxista do País Valencià) e En Marea (Anova-Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida, Marea Atlántica, Marea Pontevedra, Compostela Aberta, Ferrol en Común, Encontro por unha Marea Galega, Ourense en Común).

Eu contei 28. Iso é polo baixo porque hai autonomías como Baleares pendentes de crear coalición. Ademais, despois das eleccións terán que pactar investidura con PSOE, ERC, DyL, PNV e/ou Bildu. Sorte, camaradas, na negociación dos orzamentos.

PODEMOS tera que ter en conta que tanta transformación e cambios de peles as veces fan mais danos que cousas positivas xa que deben ter en conta a seus socios, xa que os seus socios teñen sensibilidades diferentes e as veces os cambios de discurso fan eses danos e o existo reside en sumar e ter un rumbo fixo deixando á beira a tactica da serpe.

Rubens Rocha

Fontes de inspiración bitacoramarxistaleninista e el mundo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: