A A.V. de Teis propón a construción dunha escola infantil nos terreos da ETEA

ilcanallarubens_distribucion-de-espacios-dentro-de-la-ETEA_2016-758x381

O pasado 9 de decembro de 2015, representantes da fundación Amancio Ortega mantiveron unha xuntanza con Abel Caballero, Alcalde de Vigo e a concelleira de Educación, para tratar sobre a construción dunha escola infantil en Vigo, que promove dita fundación, pero sen concretar ningún emprazamento, na cidade.

A Asociación Veciñal de Teis, valorou como unha posíbel lugar de emprazamento desta escola infantil, podería ser nos terreos da antiga ETEA, até o ano 2002 foron terreos militares, espazo público que xestionan na actualidade Xunta de Galiza e o Concello de Vigo.

Desde a Asociación se dirixeron por escrito a Fundación Amancio Ortega, ao Concello de Vigo e a Xunta de Galiza. A única resposta foi da Fundación, que indicou que a decisión do emprazamento da escola infantil, dependía do Consorcio Galego de Servizos Sociais xunto ao Concello.

A Xunta de Galiza aprobou o plan sectorial da ETEA, que recolle diferentes usos ( deportivo, recreativos, científicos-tecnolóxico,…) aínda se desenvolver na súa maioría e hai un area reservada para usos complementarios (PS-6), polo que podería ter encaixe unha dotación como unha escola infantil.

Nos terreos destinados para usos complementarios, aínda non se realizou ningunha actuación.

Estamos a falar dun lugar privilexiado polo seu emprazamento a beira da ría de Vigo e un espazo de esparexemento do barrio de Teis e da cidade de Vigo.

Unha parte destes terreos no futuro serán para ocupar o campus do mar que promove a Universidade de Vigo, para converter este espazo tamén nun lugar de investigación.

Debido a gran superficie destes terreos son compatíbeis diferentes usos e entendemos que podería ter encaixe unha escola infantil.

A día de hoxe descoñecen o emprazamento elixido para esta escola infantil e se valorou o emprazamento dos terreos da ETEA.

A Asociación nós últimos meses realizou unha intensa campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA, polo Concello e a Xunta, coa convocatoria de mobilizacións, recollida de 3.200 sinaturas. Ademais esixen a dotación de servizos nestes terreos como: a colocación de papeleiras no paseo, a limpeza dos terreos, a colocación duns aseos público ou a apertura da piscina.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: