Convocan unha manifestación baixo o lema “Nin convenio nin touradas”

ilcanallarubens_toradas fora de pontevedra_galiza_2016

Touradas fóra de Pontevedra ven a informar que o vindeiro sábado 13 de agosto convocan unha nova manifestación pola abolición das touradas. A mobilización partirá ás 20h da Praza da Peregrina de Pontevedra baixo o lema “Nin convenio nin touradas”.

Mais un ano solicitaron á Xunta de Galiza que non faga das touradas unha excepción na Lei de Protección Animal. Se a día de hoxe hai touradas no noso país é porque a Xunta do Partido Popular permíteas ao negarse a modificar a LPA.

Por outra parte, solicitan ao Concello de Pontevedra que poña fin ao convenio que ven asinando coa Praza de Touros polo cal entregaralle 38.000 euros. Este convenio ten como obxetivo o uso da praza para actividades como o Torneo Medieval da Feira Franca mais tamén é certo que eses cartos que ingresan os empresarios van directamente á feira taurina. Desde o colectivo Touradas forá de Pontevedra manifiestan e solicitan ao Concello de Pontevedra que sexa coherente como foi en moitas outras ocasións eliminando privilexios aos taurinos.

Neste momento contan co apoio de 85 colectivos e organizacións e estan moi perto de superar a cifra de 2015. Ademáis Pontevedra é o último recuncho de touradas do noso país, coa particularidade de ter unha praza de touros (privada) cunha actividade regulada pola Xunta de Galiza.

Desde o colectivo fan un chamamento a todas as persoas, sexan de Pontevedra ou non, a reforzar esta mobilización antitouradas para demostrar que os que apostan por festas sen tortura animal, e son maioría. Os taurinos teñen medo, por iso están realizando unha campaña para reforzar os seus festexos.

Aquí tedes o evento creado na rede social Facebook
Rubens Rocha

Cartaz oficial do evento

ilcanallarubens_toradas fora de pontevedra_galiza_00_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: