360.000 sinaturas contra a tauromaquia na Galiza

 

ilcanallarubens_A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas_2016

A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas informou este domingo da consecución de “un novo fito” no proceso de participación cidadá para acabar coas corridas de touros no país. E é que se superou o listón das 360.000 asinantes, a maior cifra á que chegaron dita plataforma.

Segundo precisou a plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas nun comunicado, a coalición logrou nos últimos meses, colaborando con entidades como a asociación animalista Libera, deter algún dos intentos do “lobby taurino” por “desembarcar” en localidades como Abegondo (A Coruña), onde se pretendía organizar unha novillada -a campaña sumou neste caso 16.452 rúbricas-. Deste xeito, os abolicionistas subliñaron que a tauromaquia experimentou un “importante retroceso” desde 2015.

E é que, das catro localidades que albergaban encontros taurinos (A Coruña, Pontevedra, Sarria e Padrón), “tan só resistiría Pontevedra”, cunha feira taurina “reducida a tres xornadas e sen apoio público da Deputación”. Por todo iso, Galiza, Mellor Sen Touradas quere facer valer o número de apoios cidadáns para trasladar ás formacións políticas a súa proposta de erradicación taurina.

É por iso polo que mantivo contactos informais con candidaturas como o BNG, PSdeG e Mareas en Común, que reúne a un bo número de mareas municipalistas.

Con todo o vindeiro sábado 13 de agosto convocan unha nova manifestación pola abolición das touradas. A mobilización partirá ás 20h da Praza da Peregrina de Pontevedra baixo o lema “Nin convenio nin touradas”.

Cartaz oficial da manifestacion

ilcanallarubens_toradas fora de pontevedra_galiza_00_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: