A Consellería do Medio Rural informa da situación 2 no incendio de Cotobade con datos recollidos ata as 03:00 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio cotobade_2016

Onte o día deu o seu fin baixo unha nube de fume e cinzas sobre a Ría de Vigo, fume e cinza procedente desde Cotobade, parroquia de Tenorio, as chamas consumiron mais de 200 hectáreas.

Decretouse a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 200 hectáreas.

No seu control traballan 2 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas, 2 pas e 9 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A impunidade é un xeito de corrupción, por unha política forestal sustentable. Servizo único, público e profesional.

Outros rexistros de incendios no pais

Situación 2 en Caldas de Reis

Decretada, como medida preventiva, a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar, por proximidade do lume ao lugar de Castro de Agudín. O lume iniciouse ás 15:51 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 10 helicópteros e 2 avións.

Controlado Ribeira – Carreira

Permanece tamén controlado desde as 14:05 horas o incendio rexistrado no concello coruñés de Ribeira, parroquia de Carreira, que segundo as estimacións provisionais afecta a 70 hectáreas, das cales unhas 26 están dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. O lume iniciouse ás 00:30 horas e están traballando no seu control 1 técnico, 13 axentes, 24 brigadas, 20 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Ribeira – Olveira

Extinguido desde as 18:50 horas o incendio localizado integramente dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo, na parroquia ribeirense de Olveira, tras iniciarse ás 00:58 horas da madrugada. Segundo as últimas estimacións, o lume afectou a unha superficie de 13 hectáreas, das cales 4 son arboradas e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas. Así pois, a superficie afectada dentro deste espazo protexido é dun total de 39 hectáreas.

Extinguido Rianxo

Extinguido ás 20:00 horas o incendio rexistrado onte ás 21:42 horas da noite no concello coruñés de Rianxo, parroquia de Leiro. Afectou a unha superficie aproximada dunhas 30 hectáreas, das cales 25 son arboradas. Traballaron na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: