A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendiocaldas_2016

Permanece decretada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio, pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas de onte e permanece activo polo de agora. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 19 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado Mondariz

Descativada esta mañá a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas da noite e quedou estabilizado ás 10:04 horas desta mañá. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 160 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 9 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

Estabilizado Caldas de Reis

Desactivada tamén a “Situación 2” no incendio forestal localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas de onte e quedou estabilizado ás 11:45 horas desta mañá. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 290 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 12 axentes, 32 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 11 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Ribeira

Extinguido desde as 11:00 horas desta mañá o incendio rexistrado no concello coruñés de Ribeira, parroquia de Carreira, tras comezar o luns ás 00:30 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 81,7 hectáreas arboradas, das cales unhas 26 están dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Na súa extinción participaron 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 22 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: