A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio soutomaior_000_2016

Segue declarada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela.

O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 2 técnico, 15 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 1 pa, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo lume en Pontevedra

Declarouse ás 23:35 horas de onte un incedio no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez, que segundo as últimas estimacións están arredor de 30 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

Desativouse a “Situación 2” do incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio. O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns e quedou controlado ás 10:45 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén quedou controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 34 brigadas, 23 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Segue controlado dende as 09:00 horas de hoxe o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. No seu control levan traballado 3 técnicos, 18 axentes, 37 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Controlado Cee

Tamén permanece controlado dende as 03:00 horas da madrugada o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume de máis de 20 hectáreas no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: