A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_nube de fume e cinzas_ria de vigo_ Vigo_2016

Segue declarada a “Situación 2” no incendio de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 15 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Santiago

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.

Situación 2 en Porto do Son

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. No lugar están traballando 2 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas.

Situación 2 en Soutomaior-Arcade

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas e permanece activo. No lugar están a traballar 1 axente, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

Situación 2 en Avión

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. O lume comezou ás 16:51 horas e permanece activo. No lugar están a traballar 3 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 3 pas e 4 helicópteros.

Estabilizado Rois

Estabilizado ás 19:50 horas o incendio que comezaba ás 13:53 horas no concello de Rois, parroquia de Augasantas. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Están traballando no seu control 4 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Activo Pontevedra-Ponte Sampaio

O lume comezaba ás 16:44 horas desta tarde na parroquia de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra, e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nel están traballando 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Controlado Pontevedra-Lérez

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada está arredor de 30 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de hoxe o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Controlado Cee

Tamén permanece controlado dende as 03:00 horas da madrugada o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal (15 arboradas e 6 rasas). Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume de máis de 20 hectáreas no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: