A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 22:30 horas de hoxe

13901412_10210651903840675_1656823124972941405_n

A Consellería do Medio Rural decretou a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela.

O lume iniciouse ás 16:01 horas e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas e no seu control traballan 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 1 avión. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cotobade

Tamén permanece decretada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio, pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas de onte e permanece activo polo de agora. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 16 axentes, 28 brigadas, 14 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Activo lume en Cee

Declarouse ás 16:09 horas un incedio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. No seu control están traballando 3 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.

Estabilizado Mondariz

Permanece estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas de onte e quedou estabilizado ás 10:04 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 160 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 31 brigadas, 21 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Estabilizado Caldas de Reis

Tamén segue estabilizado o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas de onte e quedou estabilizado ás 11:45 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 290 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 16 axentes, 36 brigadas, 17 motobombas, 1 pas, 1 tractor, 11 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: