A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio Soutomaior-Arcade_00_2016

Lumes en “Situación 2”

Situación 2 en Santiago

Segue decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan unha superficie provisional que supera as 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 13 axentes, 29 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cee

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada sobrepasa as 180 hectáreas. No lugar están traballando 9 axentes, 18 brigadas e 10 motobombas.

Situación 2 en Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está por riba das 500 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 3 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 3 avións.

Situación 2 en Crecente

Decretada a Situación 2 no lume, activo arestora, no concello de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas da tarde de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de máis de 200 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 2 helicópteros.

Lumes activos

Activo Soutomaior-Arcade

Desactivada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total supera as 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Activo Avión-Nieva

Desactivada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de arredor de 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 16 axentes, 37 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a “Situación 2” e xa foi desactivada. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Cotobade

Permanece activo o incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 5 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Lumes controlados

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Pontevedra

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: