A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio Soutomaior-Arcade_01_2016

Lumes en “situación 2”

Situación 2 en Santiago

Segue decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 800 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Cabe mencionar que a zona afectada na parroquia de Baroña xa está controlada desde as 14:49 horas deste mediodía.

Segundo novas estimacións, a superficie alcanza entre as tres parroquias unhas 880 hectáreas. No lugar levan traballado 3 técnicos, 13 axentes, 41 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte o lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 1.515 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 4 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 8 helicópteros e 5 avións.

Situación 2 en Crecente

Decretada a Situación 2 no lume, activo arestora, no concello de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas da tarde de onte. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Lumes activos

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Cee

Permanece activo desde as 18:25 horas de onte o lume rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 10 axentes, 23 brigadas, 11 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Avión-Nieva

Este lume do concello de Avión, rexistrado na parroquia de Nieva e que tamén afectou á de Avión, permanece activo desde as 16:51 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de 345 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 16 axentes, 37 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Soutomaior-Arcade

O lume rexistrado na parroquia de Arcade comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo novas estimacións, a superficie afectada total é de 400 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 9 axentes, 22 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo tamén o outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, tras comezar ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas. No seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 3 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lumes controlados

Controlado Cotobade-Viascón

Controlado ás 17:49 horas o incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, que comezou onte ás 20:21 horas. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 5 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Controlado Cotobade-Tenorio

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Pontevedra-Lérez

Controlado ás 14:38 horas de onte o lume rexistrado ás 23:35 horas do martes no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas, das cales 15 son arboradas e o resto rasas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Lumes extinguidos

Extinguido Fisterra

O lume de Fisterra, parroquia de Duio, quedou extinguido ás 19:08 horas desta tarde tras comezar onte ás 2:35 horas da madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 28 hectáreas, 2 arboradas e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: