A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_nube de fume desde o Monte do O Castro_Vigo_2016

Lumes en “Situación 2”

Situación 2 en Soutomaior-Arcade

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total é dunhas 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Situación 2 en Santiago

Permanece decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan a unha superficie provisional dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 10 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cee

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 7 axentes, 15 brigadas e 8 motobombas.

Situación 2 en Avión

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é dunhas 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lumes activos

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a “Situación 2” e xa foi desactivada, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela, no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.

Activo Cotobade

Permanece activo un incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 4 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Activo Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está nunhas 500 hectáreas. Alí traballan 1 técnico, 2 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Activo Crecente

O lume no concello de Crecente, parroquia de Albeos, comezou ás 17:52 horas da tarde de onte e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Lumes controlados

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Pontevedra

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Lumes extinguidos

Extinguido Cerceda

Desde 04:20 horas de hoxe está extinguido o lume rexistrado no concello de Cerceda, parroquia homónima. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 15 hectáreas. No lugar traballaron 6 axentes, 7 brigadas e 6 motobombas.

Extinguido Rois

Extinguido ás 01:30 horas desta madrugada o incendio que comezaba ás 13:53 horas de onte no concello de Rois, parroquia de Augasantas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 58,1 hectáreas, das cales 50 son de monte arborado. Traballaron na súa extinción 4 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: