A Sega homenaxeara a María Xosé Queizán no día de hoxe

Maria-Xose-Queizan_EDIIMA20130617_0432_4

A plataforma de crítica literaria A Sega vén organizar o III día das galegas nas letras dedicado a María Xosé Queizán. O homenaxe será no día de hoxe luns 15 de agosto o acto terá lugar en Vigo, no Parque María Xosé Queizán. Perto do nudo de Isaac Peral.

María Xosé Queizán comezou a súa carreira como escritora na súa adolescencia, escribindo artigos para o xornal vigués “O Pobo Galego”. Nos cincuenta, participou en obras de teatro, chegando a crear en 1959 o “Teatro de Arte e Ensaio da Asociación da Prensa de Vigo”, e a fundar e dirixir de 1967 a 1968 o “Teatro Popular Galego”. O seu carácter emprendedor e o seu amor polo teatro levárona a desempeñar varios papeis a cargo de diversas organizacións, como codirectora do grupo teatral Feministas Independentes Galegas (FIGA), directora da galería de arte Roizara de Vigo, vicepresidenta do Consello Municipal dá Muller do concello de Vigo e directora e organizadora do I encontro de Mulleres Poetas Peninsulares e das Illas (1996). O seu labor como escritora diversifícase en todos os xéneros e estilos: novela, conto, ensaio, teatro e poesía; tamén é tradutora. Os seus ensaios feministas tratan temas tan controvertidos como a colonización sexual das mulleres, o cuestionamento da maternidade biolóxica e a reflexión sobre a escritura non androcéntrica.

PROGRAMA DA XORNADA:

12:00horas – 13:00horas: Presentación da xornada por parte de representantes da Sega. Palabras de María Xosé Queizán. Lectura de textos e poemas da autora.

13:00horas – 20:00horas Comida no parque, que levará cada persoa / familia de forma particular (non se venderán alimentos nin a organización entregará ou organizará comida, o formato é tipo «Romaría»).

Actuacións:

-Mercedes Peón
-Cintaadhesiva
-Sofía Espiñeira
-Silvia Penas
-Ai-el-ela Pandereteiras
-Rianxeiras da Covecha
-Actuación infantil por Educultoras, s.coop galega.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: