Desde Touradas fóra de Pontevedra valoran moi positivamente a manifestación do pasado sábado

ilcanallarubens_ninconvenionintouradas_2016_Pontevedra-758x426

Desde Touradas fóra de Pontevedra valoran moi positivamente a manifestación do pasado sábado convocada polo seu colectivo. Por volta do millar de persoas percorreron as rúas da cidade na que foi, con certeza, a mobilización con máis participación e tamén con máis apoios de entidades de todo tipo (116). Agradecen a todas estas persoas e entidades a súa axuda e apoio.

Confírmase a tendencia a un aumento do posicionamento activo en defensa da abolición das touradas, que ten un dos seus reflexos no crecemento das mobilizacións ano tras ano. Isto contrasta co descenso de asistencia nos tres días de touradas na que é a única feira taurina de certa relevancia no noso país. Os Lozano falaban de que sería un fracaso se a primeira das touradas, en teoría a máis “rechamante”, non enchía. Pois ben, o fracaso foi claro, e aínda máis evidente nas outras dúas. O negocio taurino mingua ano após ano.

Outra cuestión que queren destacar este ano é nos últimos tempos estamos vendo con certa preocupación que a nosa loita e o movemento social abolicionista galego están a sofrer interferencias derivadas de loitas partidistas das que nós non queremos formar parte. Consideramos que é importante que o movemento abolicionista manteña a súa autonomía. Os retos que temos por diante se queremos abolir as touradas en Galiza así o esixen.

En relación con isto último, e como sinalaron no comunicado da manifestación, esperamos que nas próximas eleccións autonómicas mude a correlación de forzas entre abolicionistas e pro-taurinos no Parlamento e que haxa unha maioría defensora da prohibición das touradas mediante unha reforma da Lei de Protección Animal que chegue a onde o goberno do PP non quere chegar. O sentir da grande maioría do pobo galego ten que verse reflexado nesta lei e as touradas teñen que ser abolidas  por seren unha das formas máis brutais de maltrato animal.

A nivel local, e sendo conscientes do que é prioritario e do que é secundario, seguiremos defendendo o fin do convenio entre o Concello e os irmáns Lozano. E farémolo con máis respaldo, visto o resultado da mobilización deste ano. É cousa do goberno municipal decidir se quere seguir no inmobilismo ou escoitar os movementos sociais e buscar alternativas para utilizar a praza de touros, aínda que infelizmente os primeiros posicionamentos despois da manifestación do sábado non nos fagan ser optimistas.

Rubens Rocha

Mais imaxes da manifestacion de Touradas Forá de Pontevedra aquí

Vídeo da manifestación de Touradas Forá de Pontevedra

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: