Onte Pontevedra dixo “Non mais lumes forestais”

ilcanallarubens_non mais lumes forestais_pontevedra_2016

 

Os ecoloxistas da Asociación Pola Defensa da Ría concentraronse no dia de onte na Praza da Peregrina. Na concentración contou tamen con os brigadistas SEAGA que aproveitaron a pedir unha solución nas suas condicións laborables xa que veñen decindo que traballan nunha forma ben precaria. A concentración convocada pola Asociación Pola da Defensa da Ria de Pontevedra deste pasado xoves en Pontevedra arrincou sobre as oito e media pasadas, concentración contra os eucaliptos, aos que responsabilizan da onda de lumes que está a sufrir o país na que tamén pediron outra política de monte.

Tras os incendios rexistrados as semana pasada en distintos puntos da comarca de Pontevedra, onte cidadáns anónimos, políticos de distinto signo, representantes sindicais, membros de colectivos ecoloxistas e ambientalistas uniron a súa voz á dos comuneiros e brigadistas para esixir, entre outras medidas, unha nova política forestal.

Baixo o lema de «Non máis lumes forestais», varios centos de persoas sumáronse á concentración convocada pola APDR diante do santuario da Peregrina.

Alí, un representante desta asociación foi o encargado de expresar o sentir dos manifestantes. «Galicia arde polo abandono case secular do rural e pola falta dunha política forestal axeitada», sinalou á vez que lamentou a proliferación do monocultivo de eucalipto para «alimentar de madeira» a Ence, esta empresa pasteira, horas antes, emitiu un comunicado no que asegura que «ou eucalipto ben xestionado é unha defensa contra os incendios».

A pasteira reaccionou cun comunicado no que argumenta o contrario. En opinión de ENCE, o cultivo de eucaliptos contribúe a redución dos lumes forestais.

“O eucalipto ben xestionado é unha defensa contra os incendios” argumenta a industria. Para sustentar esta afirmación ENCE interpreta que a causa máis importante é o abandono do rural e non os eucaliptos. Engade que “ o Informe da Confederación de Organizacións de Silvicultores de España (COSE) sobre os incendios en Galicia, de xaneiro de 2015, sinala que na zona norte de Galicia, onde se concentran as maiores superficies de eucalipto, os incendios son practicamente inexistentes”. Refírese á Comarca da Mariña, unha das zonas máis inzadas de eucaliptos, e tamén unha das que menos seca rexistra no período estival.

A pasteira reaccionou cun comunicado no que argumenta o contrario. En opinión de ENCE, o cultivo de eucaliptos contribúe a redución dos lumes forestais.

Curiosamente, no que coincidiron uns e outros é nas causas últimas que causan os incendios: o abandono e a falta de prevención. Neste sentido, na mobilización insistiuse en que é «absolutamente necesaria unha política de prevención».

Ata aquí as coincidencias. E é que mentres na Peregrina apostouse por «a introdución de especies caducifolias, que non só crean maior valor engadido senón que fan diminuír vos rochas de lumes forestais», desde Ence remarcaron que a rendibilidade que obtén o propietario forestal do cultivo de eucalipto «lle estimula a implantar medidas preventivas para evitar que ou seu investimento desapareza».

Dende a APDR coincídese en a “causa última” é o “abandono case secular do rural”. Agora ben, os ambientalistas apuntan co dedo ao eucalipto ao dicir que “ Galiza arde pola existencia dun modelo baseado na implantación dun monocultivo de eucaliptos, un modelo que impide na práctica a diversidade de usos, que provoca a proliferación de material altamente combustíbel no monte e que ten como único obxectivo alimentar de madeira á noxenta fábrica de ENCE en Lourizán”.

Os ecoloxistas demándanlle á Xunta un xiro de 180 graos na política forestal, que hoxe favorece que os particulares planten eucalipto na maior parte do país.

Pero non só escoitáronse voces esixindo unha maior prevención, senón que tamén se alzaron as daqueles, brigadistas da empresa Seaga, que esixiron condicións laborais dignas. A final de contas, cada vez que se enfrontan a un incendio expoñen a súa integridade física e, mesmo, a súa vida. Denunciaron a redución de persoais, a falta de medios e, en ocasións, a descoordinación.

Rubens Rocha

Mais imaxes da concentracion de Touradas Forá de Pontevedra aquí

Vídeo da concentración de Non máis lumes forestais

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: