Denuncian a Re-Inauguración do Servizo de Raios nunhas condicións inadecuadas

ilcanallarubens_centro de urxencias non hospitalarias_hospital xeral_vigo_2016

A executiva comarcal da federación de sanidade de Vigo, DENUNCIA o lamentable estado do servizo de raios ubicados nos antiguos vestiarios do Hospital Xeral na planta -4.

Lembrar que a unidade de raios X foi pechada “por reformas” no mes de xuño, cando tiveron 9 meses desde o peche do Xeral. O servizo volve estar operativo pero na opinión de CCOO non nas condicións debidas.

O local ten suciedad e esta poblado de insectos

Con un so aseo compartido por traballadores e usuarios.

Aseo que desborda auga.

Os traballadores non teñen taquillas, nin un lugar apropiado onde cambiarse, non dispoñen de lavabo onde lavarse as mans. Non hai estanterías; a consola de traballo está colocada sobre dous bancos. O acceso é unicamente por ascensor, non hai escalera nin rampla.

A precaridade non so é en medios tamén en recursos humanos, so dispoñen dun Técnico Especialista en Radioloxía (TER), sin outro persoal de apoio.

A propaganda do SERGAS, dos Srs Rubial e Almuiña, ten estas cousas, anuncian “inaguracións e servizos novos”, como sempre en época electoral e a realidade contrasta coa súa propaganda. Un centro onde prima a improvisación e iso que tiveron tempo dabondo e donde precarizan o traballo nun lugar pouco axeitado. Hoxe, desgraciadamente non podemos dicir que co centro re-inaugurado, usuarios e traballadores estén millor, engaden dende CCOO.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: