A Plataforma S.O.S. Hospital do Meixoeiro fara entrega das sinaturas no rexistro do Parlamento Galego

ilcanallarubens_Plataforma S.O.S. Hospital do Meixoeiro_2016_Vigo

Dita convocatoria para entrega das sinaturas tera lugar o próximo luns día 29 as 10:00horas

Dende a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), o Meixoeiro perdeu servizos fundamentais, como Urxencias, U.C.I ou Reanimación. O peche de plantas de hospitalización produciuse xa dende o principio, pero pouco a pouco vai en aumento o número de camas que se eliminan, por contra, vemos como en centros hospitalarios privados do noso contorno crecen día a día. Todo isto inflúe negativamente na atención dos pacientes da nosa Área Sanitaria.

As listas de espera acadan os peores datos de toda Galicia e uns dos peores de toda España. Xustifican o peche de camas, ou a non necesidade das mesmas, con operacións ambulatorias sen necesidade de ingreso, pero é evidente que a poboación segue precisando das operacións de media e longa estancia, xa que estas patoloxías non desapareceron. Son precisamente estas intervencións de maior complexidade as que se derivan a clínicas privadas, xa que son as que reportan os maiores beneficios.

Paralelamente, a Xunta de Galicia “fabrica” unha lista de espera estrutural, da que elimina a todos aqueles doentes, que sendo chamados para ingresar en centros privados néganse a acudir a eles. Inventan así unha lista de espera que nada ten que ver coa realidade.

A inexistencia dunha Unidade de Críticos no Hospital do Meixoeiro, pon en risco constantemente a seguridade dos pacientes ingresados, dos que van a facer probas, dos acompañantes e a dos propios profesionais, no caso de necesitar unha atención vital urxente, a ademais impide que se poidan realizar outro tipo de cirurxías de maior complexidade como antes destacabamos, pensemos que o Hospital dispón dos recursos tanto tecnolóxicos como humanos para poder axilizar unhas listas de espera que non merece a poboación viguesa.

A todo o exposto unese a suspensión diaria de quirófanos, ben por falta de persoal cualificado, como por falta de material cirúrxico, abócanos a dar o peor servizo que xamais se produciu na nosa área sanitaria.

A unificación do laboratorio, pon unha vez máis de manifesto a insensibilidade desta dirección dende a súa pòsta en marcha. Por ofrecer un exemplo, o espazo físico onde se reralizan as curvas de glucosa das xestantes non reúne as condicións necesarias para poder desenvolver o traballo en condicións de seguridade, e pon novamente de manifesto de maneira tanxible a indiferencia desta dirección ante os doentes e profesionais.

A situación que vivimos e froito da improvisación, as prisas e a falta de previsión. Intereses políticos que teñen como consecuencia unha clara degradacion da nosa sanidade. Unha imaxe e un prestixio que entre todos os profesionais que formamos esta gran familia gañamos no día a día, e que esta xerencia tirou por terra.

Dende SOS Meixoeiro, denunciamos dende fai meses a situación que a día de hoxe vivimos. Unha realidade latente e mais que preocupante. Levamos a cabo distintos actos de protesta co obxectivo de trasladar á opinión pública a realidade do que estaba e está a acontecer, entre eles destacamos o abrazo simbólico ó Hospital do Meixoeiro, coa participación de máis de 3.000 persoas, o abrazo ó Hospital Xeral e o peche que realizamos no mes de Xuño no propio Hospital do Meixoeiro cunha duración de 23 días onde conseguimos unha alta participación tanto de profesionais como de usuarios nas distintas quendas. Charlas informativas en distintos puntos da Área Sanitaria Viguesa, así como outras accións dan boa fe do noso sentido de loita e do noso compromiso co noso centro de traballo, o Hospital do Meixoeiro, nun contexto de defensa da Sanidade Pública.

En todos estes actos pedimos a colaboración dos usuarios  a través dunha recollida de firmas (a día de hoxe temos contabilizadas preto de 50.000) que, o día 29/08/2016, faremos chegar tanto ó Parlamento de Galicia como á Valedora do Pobo. Esta iniciativa xurde co propósito de que o usuario  dunha forma activa poida expresar o seu sentir, tendo en conta de que tod@s somos potenciais usuarios e usuarias dos Servizos Sanitarios e polo tanto a todos e todas vainos algo niso, e ademais crimos que era unha boa oportunidade para seguir defendendo un dereito tan importante como é o da saúde.

Nas follas de recollida de firmas pedíase concretamente: a reapertura a pleno rendemento de Hospital do Meixoeiro para a sanidade pública, reabrir urxencias e UCI e o pleno funcionamento dos quirófanos para así reducir as listas de espera.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: