SOS Meixoeiro empeza unha campaña solidaria a prol da xente e dos animais

ilcanallarubens_campañasolidaria_Vigo_2016

SOS Meixoeiro segue a reivindicar unha Sanidade Pública e de calidade para toda a poboación, sen que teñan que seguir vendo como aquelas persoas con menores ingresos ven diminuídas as súas coberturas sanitarias.

Desde SOS din que non poden pechar os ollos ante a calamitosa situación do Meixoeiro, Hospital punteiro agora reconvertido no que alguén bautizou como “Policlínico Puxeiros”. Seguen reivindicando para o Meixoeiro, unha unidade de críticos en condicións e a reapertura urxencias.

Din non ás derivacións a clínicas privadas e ao peche de camas. Loitan pola redución das alarmantes listas de espera e o fan sobre todo con imaxinación, esforzo e vontade.

SOS Meixoeiro, como Plataforma sociosanitaria, non pode ver para outro lado cando alguén lles piden axuda e se está nas suas mans para facer algo, por pouquiño que sexa. Neste caso, e a consecuencia dos numerosos lumes que esta a sufrir neste verán o país, os refuxios de animais, xa desbordados sempre, vense incapaces de atender a unha poboación de animais que, queren pensar que probablemente se desorientaron asustados polos lumes.

O refuxio de animais “Os Biosbardos” contactou con eles e puxeron a sua escasa maquinaria ao seu servizo. Coñecen as suas limitacións, pero non por iso van deixar de intentalo. Este xoves estaran no Hipermercado Eroski Consumer de Ponteareas, para axudar na medida das suas posibilidades ao Refuxio “Os Biosbardos” de Ponteareas, ao que entregaran todo aquilo que a solidariedade das persoas teñan a ben compartir ese día, como comida, medicamentos, produtos de aseo ou produtos de limpeza.

Faran o mesmo o venres día 26 en Vigo, pero neste caso os beneficiarios serán aquelas persoas máis desfavorecidas pola crise, para as que recolleran alimentos e produtos básicos de primeira necesidade nos supermercados “Familia” de Progreso e “Mercadona” da Florida.

Achégase o inicio escolar e saben que gran parte dos escasos ingresos de algunhas familias, quedarán mermados por estes gastos. A totalidade de todo o que recollan entregarase a “Red Solidaria Popular de Vigo”.

Esperan que os escasos medios cos que conta SOS Meixoeiro sexan suplidos pola xenerosidade dos cidadáns.

Rubens Rocha

Cartaces da campaña para que os descargues e compartas nas tuas redes sociais

ilcanallarubens_cartaz Sos Meixo_Os Biosbardos_2016_Vigo ilcanallarubens_cartaz Sos Meixo_RSP_2016_Vigo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: