Acampada social por una vida digna na cidade de Vigo

ilcanallarubens_acampada 24h en principe_2016_Vigo

 

O día 30 de agosto deu comezo a acampada de dous veciños de Vigo que, fartos de atoparse sen teito decidiron apostarse cunha tenda no centro da cidade para reivindicar un plan de emerxencia social para persoas que non poden acceder a unha vivenda básica. A súa carta de convocatoria:

Somos Arantxa e José Antonio, levamos once meses sen teito malviviendo nun edificio en desuso sen luz, auga, sen WC, consecuencia de non atopar traballo a pesar de que todos os días pateamos a rúa entregando CVs, ofrecéndonos para iso. Neses momentos estamos con ingresos cero, polo que non podemos cubrir as nosas necesidades básicas, e o peor é que os nosos fillos, pola situación de baixos recursos económicos están acollidos pola Xunta, o que nos produce unha profunda dor e un baxísimo estado anímico.

Esta inxusta situación é coñecida polos servizos sociais de base do concello e Xunta, polo noso alcalde e polo presidente da Xunta. A pesar deste durísimos once meses atopámonos con que estas institucións non teñen un plan municipal e autonómico de atención urxente e vivenda social para familias que contra a nosa vontade estámonos disgregando con resultados dramáticos.

Ante esta situación decidimos permanecer nunha tenda de campaña 24 horas, desde o martes 30 ata o mércores 31, de 19:00 a 19:00.

Apóiannos os compañeiros da RSP Vigo e Os Ninguéns.

Queremos dar un testemuño real das graves carencias en políticas de xustiza social da Xunta e Concello, que non palían este tipo de situacións, neste caso isto resulta inhumano para a nosa familia, pero hai outros centos de familias que están a sufrir na cidade de Vigo.

Para nós, para eles, para atopar unha solución para TODOS, é este acto de visibilización e protesta.

Rubens Rocha

 

Anuncios

Una respuesta a “Acampada social por una vida digna na cidade de Vigo

  1. Pingback:O alcalde falou hoxe da familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: