Alexandra a Rajoy: “En Marea traballará para que os galegos nos axuden a dar un xiro”

ilcanallarubens_alexandra-en-marea-758x505

“Señor Rajoy, hoxe sumará a derrota en diferido do 20-D que é ao mesmo tempo a derrota do PP en Galiza.  Perante este pacto suicida, nós votaremos NON para impedir que continúen mercantilizando as nosas vidas”.

A portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados, Alexandra Fernández, subiu á tribuna da Cámara Baixa para explicitar o total rexeitamento de En Marea á investidura de Rajoy e levar a Galiza ao debate que se iniciou onte.

A portavoz de En Marea reprochou a Rajoy o seu discurso resumido en “nós ou o caos” e instou ao PP a “deixar a traxicomedia porque o estado español leva un ano sen goberno e todo continúa igual que cando gobernaban. Nas democracias de baixa intensidade que hoxe existen na UE o piloto automático asegura que a inercia da orde das cousas continúe sen sobresaltos”, afirmou. Nese sentido, advertiu que o “a desbrozadora do Estado de Benestar continúa a facer o seu traballo”.

Acordo PP-Cs: “pacto entre a vella e nova dereita”

En relación ao Acordo con Ciudadanos, a parlamentar de En Marea acusou ao PP de “tratar de ocultar as implicacións reais sobre a vida da xente. Fixeron da banalidade a materia fundamental do acordó das dereitas”. Máis, alertou, “si existe algo que lles obriga a alixeirar o ritmo: Bruxelas, que xa ten preparado un novo calendario de recortes para os vindeiros anos”.

Tildou o Acordo de “pacto entre a vella dereita e a nova, entre a tradición dos que naceron para mandar o cortello a golpe de sobres e a última reencarnación posmoderna dos Chicago Boys” e puxo de manifesto que o obxectivo é “pisar o acelerador dos recortes e as privatizacións”.

Para En Marea a urxencia é a axenda da maioría social

Porén, subliñou que as urxencias para as maiorías sociais son outras moi distintas. “Para esa maioría que segue a pagar a consecuencia dunha crise que non provocou,  a urxencia é ter un traballo con condicións laboráis dignas, ter vivenda, dispór de servizos públicos de calidade”. Nesa liña, salientou que ese será o obxectivo de En Marea, “traballaremos para que a axenda da maioría social sexa a que marque o ritmo das institucións”.

“O único medo é que sigan gobernando”

Alexandra Fernández salientou que “o único medo é que vostedes continúen gobernando e aplicando o Programa da Grande Desigualdade, de perda de dereitos, de depredación ambiental, de violencia contra as mulleres, de exilio económico e precarización de emprego”.

PP e “o hooliganismo patriótico español”

Criticou “o hooliganismo patriótico español do PP, que lle impide recoñecer a realidade plur¡nacional do estado e que impón reformas recentralizadoras”. Engadiu que “para vostedes toda diversidade é unha ameaza, e todo exercicio de libre decisión un atentado contra a súa autoridade”. Acusou a Rajoy de encarnar o “desprezo ao autogoberno, polo idioma e a cultura da terra na que naceu”.

“Hoxe sumará a derrota en diferido do 20-D que é a derrota do PP en Galiza”

A continuación, a portavoz de En Marea centrouse en Galiza, “un país onde Feijoó foi xunto a vostede, un aluno avantaxado no cumprimento dos dogmas cos que actúa o piloto automático desta democracia de baixa intensidade”. Ironizou sobre Feijoó afirmando que “o campión do cumprimento do défice é o campión dos recortes”, e pasou a enumerar algúns dos recortes como os sanitarios que exemplificou no hospital Cunqueiro de Vigo, no terreo da loita contra o lume resaltando as pésimas condicións laboráis e técnicas dos traballadores anti incendios, ter asentado un modelo de explotación ao servizo de ENCE, os baixos prezos do sector lácteo que non cubren os custes de producción, os recortes que coñecen ben “as persoas desempregadas, as precarias, as autónomas, as hipotecadas, os pensionistas que en Galiza teñen as pensións máis baixas do estado”.

Aludiu á corrupción sinalando que “todo o mundo sabe que vostedes corrompéronse por riba das nosas posibilidades”.

Rematou explicitando o voto negativo, o total rexeitamento de En Marea á súa candidatura a ser investido. “Señor Rajoy, hoxe sumará a derrota en diferido do 20-D que é ao mesmo tempo a derrota do PP en Galiza.  Perante este pacto suicida, nós votaremos NON para impedir que continúen mercantilizando as nosas vidas e hipotecando o noso futuro”.

A portavoz de En Marea rematou sinalando que “fronte ao seu medo, Galiza será unha vez máis vangarda política na unidade da esquerda transformadora. En Marea traballará para que os galegos e as galegas nos axuden a dar un xiro ao rumbo erróneo dun piloto automático que nos leva contra as rochas”. Expresou a necesidade de emprender “unha singladura na que ninguén fique atrás por culpa dunha crise de escala continental que non se agravará porque haxa ou non novas elecións, senón pola súa ación de  goberno ao servizo da especulación”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: