Alexandra Fernández deixa claro o non de En Marea a Rajoy

ilcanallarubens_alexandra fernandez_en marea_2015_Vigo

 

A portavoz de En Marea criticou a mensaxe de Rajoy de que “o PP é a única posibilidade” e puxo de manifesto que “imos seguer tendendo a mán para buscar alternativas porque sabemos que en Galiza se está a traballar por unha alternativa”

 A portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados realizou esta tarde no Escritorio da Cámara unha avaliación do discurso de Rajoy após a súa intervención censurando o seu exercicio de autocomplacencia e acusándoo de “vivir fóra da realidade”.

A portavoz de En Marea no Congreso afirmou que “hoxe vimos de Rajoy dúas mensaxes claras: todo vai ben, aquí non pasou nada, a crise foi algo que se resolveu fugazmente grazas á súa ación de goberno, e polo tanto, tratando de negar unha realidade social que está fora  deste Parlamento”.
A outra gran lóxica que empregou, puntualizou, “é dicer que ou o PP ou o caos, unha especie de chantaxe onde a única posibilidade pasa polo PP. Negámonos a crer ambas afirmacións”.

Máis do mesmo

Alexandra Fernández afirmou que Rajoy vive absolutamente fora da realidade, “non ten ningún contacto co que pasa na rúa. Moncloa e Génova deben ser os únicos lugares onde cren que o PP gañou as elecións, cando o PP está en minoría. Está en minoría pola súa ación de goberno, pola súa prepotencia á hora de chegar a acordos, por unha forma de facer política que pasa polo rodillo. A única forza política que se lle suma ao carro é Ciudadanos que aceptou un acordo político de continuidade coas políticas do PP, de continuidade coas políticas neoliberais”.

O resto, subliñou, que “é fume non deixa de ser parole parole, bonitas palabras pero máis do mesmo”. En Marea considera que Rajoy é incapaz de saír investido e polo tanto, imos seguer a tender a mán para buscar alternativas, porque sabemos que en Galiza se está a  traballar para unha alternativa. Darémoslle o NON a Rajoy e continuaremos abrindo todas as vías posíbeis para que un goberno alternativo sexa posíbel. Negámonos á lóxica de Mariano ou o caos”.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: