Caballero anunciou 5.000 prazas para as escolas deportivas 2016/17, cun récord de modalidades e clubs participantes

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O alcalde de Vigo presentou o que cualificou de “unha grande actividade deportiva”, o programa municipal de escolas deportivas, que abrirá o prazo do curso 2016/17 o vindeiro día 1 de setembro, xoves, para a renovación de matrículas e que o día 14 iniciará de xeito pautado a apertura para novos alumnos. A tempada irá do 1 de outubro ao 31 de maio.

Coa novidade da entrada de dúas disciplinas, piragüismo e waterpolo, e a de que vela, o remo e o kayak comezarán o 1 de outubro como o resto de modalidades (na campaña anterior só foron de xaneiro a maio), o rexedor anunciou que “sacamos este ano 5.000 prazas. É a forma de reafirmar a boa marcha do proxecto e a nosa vontade e vocación de amplialo”.

Caballero asegurou que “son oito meses de actividade deportiva nun prezo moi razoable” (42,20 euros ao ano, salvo escalada, remo, piragüismo, vela e natación sincronizada, cun custo de 108,80 euros) e con “máis clubs e máis modalidades que nunca”, explicou.

Para esta tempada incorpóranse Galicia Social (balonmán), Club Piragüismo Olívico, CR Virxe da Guía (remo) e Club de Esgrima Cidade de Vigo. Así, as escolas pasaron de 2014 a 2016 de ofertar 27 modalidades a 32, con 52 clubs en lugar dos 44 de hai dous anos.

O alcalde anunciou tamén que o crecemento do programa supón un maior investimento municipal, que pasa de 229.000 a 300.000 euros, “unha subida moi significativa do 31% con respecto á tempada anterior”, e tamén o Concello eleva nun 15% os cartos aos clubs por neno e mes.

Ademais, Abel Caballero avanzou que “temos a vontade de seguir subindo a achega ao deporte base. Nos seguintes orzamentos, a través doutros programas de Igualdade e Mocidade, haberá máis axudas ao deporte. Iso significa que a nosa vontade e vocación é determinante”.

O alcalde transmitiu ao edil de Deportes, Manel Fernández, e aos directivos asistentes en representación de varios clubs (Vagalume, Maniotas, Xuvenil, Rachaplumas, Seis do Nadal e Flic Flac) os seus parabéns polo programa, polo traballo do edil e polo das entidades deportivas. “Hai unha dialéctica de engranaxe moi seria e segura entre clubs e Concello”, apuntou.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: