O Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña reuniuse hoxe coa comisión de centro

ilcanallarubens_meixoeiro_policlinico puxeiros_hospital meixoeiro_vigo_2016

 

Esta mañá o Conselleiro de sanidade Jesús Vázquez Almuíña mais a xerencia de EOXI de Vigo reuníronse coa comisión de centro no Hospital Meixoeiro, esta reunión vén por parte a petición do mesmo Conselleiro.

Dita comisión forma parte da Xunta de Persoal a cal manifesta que dita reunión solicitárona en varias ocasións. A reunión co Conselleiro ao que se lle remitiu unha proposta enviada no mes do marzo de este mesmo ano sobre a Ordenación Asistencial da área de Vigo, desde aquela petición hoxe foron convocados.

Desde a comisión de centro di que é “casualmente que nun período preelectoral convocáseselles para falar do futuro do Hospital Meixoeiro sen que o Conselleiro tivera lido o documento previamente citado da proposta sobre a Ordenación Asistencial da área de Vigo”.

O comité valoran a reunión de hoxe como unha reunión como unha nova lista de promesas para o Hospital Meixoeiro ao cal queren reforzalo con cirurxía ambulatoria e despois das presións da Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Meixoeiro recoñecen que teñen que incrementar a complexidade das patoloxías que se tratan no Meixoeiro, tanto as cirúrxicas como medicas, pero á cal a Conselleria non concretan os prazos nin os recursos humanos nin económicos.

A Xunta de Persoal veñen reclamando a dotación acertada dunha Unidade de Críticos no Hospital Meixoeiro ao que lle permita incrementar a complexidade da actividade cirúrxica e non só ambulatoria senón tamén con ingreso e o uso das camas que hoxe mesmo atópanse sen pacientes de patoloxías médicas.

En canto o Anexo I do Xeral o Conselleiro ratifica o seu abandono para a sanidade pública en suposto beneficio da Cidade da Xustiza; a perda deste importante recurso supón hipotecar o futuro da atención especializada na área de Vigo.

A Xunta de Persoal seguirá reclamando o uso sanitario dos espazos “abandonados” trala apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro así como que o Meixoeiro volva a utilizar o 100% dos seus recursos tanto humanos como materiais. Todo isto será máis fácil de conseguir cando o Hospital Álvaro Cunqueiro reverta á Sanidade Pública e a planificación da área sanitaria responda so aos intereses da cidadanía.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: