O persoal de limpeza de Citroën convoca dúas xornadas de folga para rexeitar os incumprimentos da empresa en materia laboral

ilcanallarubens_psa-peugot-citroën_sondea_2016

O comité de empresa de Clece, contrata da limpeza de PSA Peugeot Citroën en Vigo, anunciou a convocatoria de dúas xornadas de folga para os vindeiros días 2 e 3 de setembro para rexeitar os incumprimentos da normativa laboral e dos pactos entre dirección empregados/as. Os traballadores/as desenvolverán tamén varias concentracións na sede de Clece e nas instalacións de Citroën coincidindo cos paros.

O comité de empresa de Clece (8 delegados/as da CGT, 3 da CIG e 2 da UGT) vén de anunciar a convocatoria de dúas xornadas de folga este venres día 2 e o sábado 3 para rexeitar o alto índice de incumprimento da normativa laboral vixente e dos pactos alcanzados entre a empresa e a representación do cadro de persoal. Ademais, os empregados/as queren amosar o súa disconformidade coas decisións adoptadas de xeito unilateral pola dirección de Clece que implican o traslado forzoso de persoal a outros centros de traballo na provincia.

Os traballadores/as aproveitarán a convocatoria dos paros para desenvolver mobilizacións. Deste xeito, o venres día 2 levarán a cabo dúas concentracións diante da sede de Clece, na Praza de América número 1, de 11.00 a 12.00 horas e de 13.15 a 14.15 horas. Xa pola noite, entre as 21.15 e as 22.15 horas, trasladarán as protestas ás portas das instalacións de Citroën.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: