SOS Meixoeiro convoca unha asemblea aberta para este xoves día 1 de Setembro

ilcanallarubens_sos meixoeiro_2016_VigDende o mesmo momento que SOS Meixoeiro iniciou as súas andanzas, sabiamos que a única forma de alcanzar algún dos nosos obxectivos sería con persistencia no traballo, a confianza en nós mesmos e o apoio de boa xente.

Con todo isto, chegamos 8 meses despois a este punto.

Pechamos o mes de agosto eufóricos, o que nos da un aumento de confianza en nós mesmos e en cada un dos que diriximos a plataforma.

Non hai nin un gramo de desconfianza entre nós, o que nos permite plena liberdade de traballo e apoio constante a cada compañeiro e compañeira.

Despois dos éxitos da protesta en Santiago, da andaina ata o Cunqueiro e do tremendo éxito nas recollidas solidarias de alimentos, agosto culmina, coa entrega de 50.000 firmas no Parlamento de Galicia e á Valedora do Pobo.

Pero a nosa recompensa aínda sería maior. Apenas chegados de Santiago, recibiamos a noticia que ía poñer o colofón ao noso esforzo: 30 de agosto ás 14:30 reunión co Conselleiro de Sanidade.

  • O orgullo non é alcanzar a meta.
  • O orgullo agora é o propio camiño.
  • O orgullo é cada paso.
  • O orgullo é o respecto.
  • O orgullo é a recompensa da propia satisfacción.
  • O gran orgullo e o apoio que temos de todos vos, crear conciencia de loita e mudar o pensamento de derrota en triúnfo.

O mañá día 1 de setembro, voltaremos reunirvos so salón de actos do Meixoeiro, porque necesitamos do voso calor, da vosa confianza e da vosa axuda.

A nosa saúde neste momento atópase en mans insensatas. A nosa desconfianza nos políticos gobernantes é máxima, porque se eles son o problema non poden ser, ao tempo, a solución.

Axúdanos a encher o salón de actos, participa, opina e colabora.

O meu traballo é a túa saúde.

A túa saude é traballo de todos.

Rubens Rocha

Cartaz da asemblea

ilcanallarubens_cartaz asemblea_vigo_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: