O Concello de Vigo promove unha oferta de emprego público de 186 prazas

ilcanallarubens_concello de vigo hdr_vigo_2016

As 186 vacantes totais inclúen tamén as prazas correspondentes aos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, explicou Caballero.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que o Concello está a ofertar un total de 186 vacantes na administración local viguesa, entre quenda libre e promoción interna, correspondentes ás Ofertas de Emprego Público dos últimos anos.

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos e as datas dos primeiros exames da segunda fase da oferta de emprego de 2010-2011, 26 postos (dos que sete son de promoción interna) para a administración xeral e Bombeiros, coas probas programadas para o próximo mes de outubro, do 3 ao 22 do nomeado mes.

Á mesma segunda fase da OEP 2010-2011 corresponden outras 23 prazas para a Policía Local. Segundo avanzou o rexedor, o goberno local abrirá un novo prazo de admisión de solicitudes coa supresión do límite de idade e da obrigatoriedade de dispor do carné de conducir vehículos de emerxencias.

Abel Caballero tamén informou dos pasos que está a dar o Concello coas ofertas correspondentes aos anos 2013, 2014 e 2015. Aquí, a administración que preside conta con 79 vacantes (das que 22 son de quenda libre e 57 de promoción interna). Paralelamente, informou o alcalde, se avanza nunha oferta de emprego de 2016 con 58 prazas -31 de quenda libre e 27 de promoción interna-, cuxas bases poderían estar validadas a comezos do próximo 2017.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: