A Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo confirman á asistencia á Manifestación-Romaría de diferentes persoalidades

P1140269

A Xunta de Persoal e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo queren comunicar que confrmaron a súa asistencia á Manifestación-Romaría convocada para mañá dia 3 de setembro:

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva,  Alcalde de Vigo Abel Caballero, os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia dos principais partidos progresistas que concorren ás próximas eleccións galegas (Leiceaga por PSdeG-PSOE, Villares por En Marea, Ana Pontón polo BNG), responsables dos Sindicatos CC.OO, CIG, SAGAP,  UGT, e a presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo máis a Plataforma SOS Hospital do Meixoeiro.

Esta manifestación convocouse en conmemoración da gran manifestación de fai un ano, no que máis de 200.000 persoas mostraron o seu rexeitamento á privatización e recortes sufridos polo Complexo Hospitalario de Vigo (Alvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Muncipal) e ao abandono dos recursos de Atención Primaria do área.

A manifestación sairá ás doce do antigo Hospital Xeral e será seguida dunha romaría con tapas, actuacións de grupos musicais, recitais de poesía, etc, na que colaborar as asociacións de comerciantes e veciños da zona afectados pola pechadura do hospital e a falta de vontade por destinar os anexos I e II do mesmo a uso sanitario.

No mes de setembro, está previsto tamén que os tribunais europeos ditaminen sobre a reclamación posta pola Asociación para a Defensa da Sanidade Pública co apoio da Xunta de Persoal e SOS Sanidade Pública diante da Comisión Europea. Un fallo favorable, acercaría un posible rescate do Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén dos demais centros sanitarios.

Cartaz manifestación

IMG-20160830-WA0005

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: