En Marea valora como un triunfo da democracia a resolución que desestima a demanda do PP

ilcanallarubens_davidmanzaneda_en marea_anova irmandade nacionalista_2016Desde En Marea valoran como un triunfo da democracia a resolución que desestima a demanda do PP na que pedía a impugnación da lista provincial de Ourense de En Marea. O Partido Popular da coalición Feijóo-Baltar está en bancarrota moral e ética tal e como demostra a súa última manobra coa que pretendía unha vez máis fuxir da democracia.  Unha monarquía baltárica afeita a facer listas a dedo e que ten medo da candidatura de En Marea xa que sabe que lle vai gañar as vindeiras eleccións no país e tamén en Ourense.

Esta mañá coñecíase a sentenza da sala 1 do contencioso número 1 dos Xulgados de Ourense que desestima a demanda presentada polo Partido Popular de Ourense contra a candidatura de En Marea por esta provincia. Na súa resolución o xuíz declara elixible a David Rodríguez, número 2 da formación dando a razón así a En Marea. Na súa defensa a letrada alegou que toda a xurisprudencia consolidada indica que a renuncia deberá formularse antes da presentación da candidatura tal e como fixo Davide o 19 de agosto de 2016. A partir de aí o pleno tomou coñecemento da súa renuncia o día 29 de agosto. Como a publicación definitiva das candidaturas prodúcese o día 30 entendemos que a demanda non ten percorrido xurídico.
Fronte ao PP do paro e da emigración en Ourense, Davide simboliza a súa antítese polas políticas que desenvolveu dende a alcaldía de Manzaneda. Fixo que medrase a poboación nun concello do rural da alta montaña, creou emprego significativo e de calidade, e impediu que o PP eliminase servizos públicos como o comedor do colexio ou o centro de día do seu concello.

O PP de Baltar tratou de enturbiar o debate político con consideracións xurídicas que non teñen fundamento en dereito para pretender tirar rédito electoral. Nun país democrático a posibilidade de saír elixido como parlamentario debe pasar polas urnas e non por un xulgado como busca o Partido Popular.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: