Máis de 94 de cada 100 contratos rexistrados en Galiza durante o mes de agosto foron temporais

ICR-Photographer© EMPREGALIA 2014 026

A situación do mercado laboral galego continúa a estar marcada por unha fonda precariedade na contratación, tal e como amosan os datos do paro rexistrado que se veñen de coñecer. Durante o mes de agosto subscribíronse un total de 87.509 contratos no noso país, dos que o 94,3% foron baixo algunha modalidade de carácter temporal. Deste xeito, o emprego estacional ligado ao sector servizos fixo que a cifra de parados/as baixase lixeiramente até as 193.045 persoas.

O gran número de contratos rexistrados durante o mes pasado e a elevada taxa de temporalidade demostran que a baixada do número de parados/as en 2.412 persoas é un feito meramente conxuntural que se explica pola contratación vinculada ao período estival.Tamén é habitual que en agosto no noso país continúe o descenso do desemprego mentres que na media estatal xa se comecen a destruír postos de traballo. Este ano non é unha excepción: en Galiza reduciuse o número de parados/as rexistrados/as un 1,23%, pero no conxunto do Estado medraron un 0,39%. A tendencia é moi semellante á rexistrada en 2015, cando aquí descendera un 1,22% e na media estatal medrara un 0,5%.

A nivel sectorial, ao igual que en 2015, o desemprego baixou en todos os sectores, sendo a construción cun 3,7% menos de desempregados/as o que lidera esta caída, séguelle a industria cunha redución do 1%; e o sector servizos, onde a caída foi do 0,8%. Salvo na construción, os descensos en todos os sectores foran superiores no mes de agosto de 2015.

Deste xeito, o número de persoas paradas inscritas nas oficinas do Servizo Público de Emprego (SEPE) acadou os 193.045, o que supón 2.412 menos que no mes de xullo. Ao mesmo tempo, a afiliación á Seguridade Social aumentou un 0,5%. No que respecta a número de parados/as con dereito a algunha prestación, a cifra situouse no 48%.

Segundo o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, atopámonos diante duns datos que amosan que a situación do mercado laboral galego continúa a afondar na precarización, cunhas preocupantes cifras de temporalidade na contratación. Así, Miguel Malvido sinala que a evolución dos indicadores é practicamente idéntica á de hai un ano, “algo que nos preocupa especialmente xa que non se perciben cambios fóra dos meramente estacionais, polo que a tan cacarexada recuperación económica segue sen percibirse no mercado de traballo”.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: