O alcalde garante a apertura da UNED no Auditorio Mar de Vigo

auditorio-mar-de-vigo

A Avogacía do Estado estudou as concesións portuarias, tamén a do Mar de Vigo, e establece “precisións”, explicou Caballero, sobre o uso do edificio como sede viguesa da UNED, informe que analizan os xurídicos municipais pero que “non ten ningunha relevancia” nin presenta “ningunha dificultade” para a apertura da Universidade no Mar de Vigo.

O alcalde de Vigo informou que os servizos xurídicos do Concello estudan o informe da Avogacía do Estado sobre a concesión portuaria ao Mar de Vigo, unhas “precisións” ao uso educativo que “se van resolver” e non presentan “ningunha relevancia” nin “ningunha dificultade” para a apertura da sede viguesa da UNED no Mar de Vigo.

A propia Avogacía do Estado estipula no seu informe como se tería que resolver, segundo recordou Abel Caballero, quen garantiu que haberá acordo “se é preciso cambiar a situación”, xa que “pode ser que nin sequera sexa preciso”.

O goberno de Vigo está actualmente a acometer obras de adaptación no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo para acoller a sede viguesa da UNED e unha gran sala de lectura con preto de cincocentos postos, a que será a máis grande de Vigo, aberta a toda a cidadanía.

O acondicionamento destes espazos corre a cargo do Concello de Vigo e está sufragado pola Deputación de Pontevedra. A entidade presidida por Carmela Silva adica á mellora 466.000 euros máis outros 200.000 para a dotación de elementos, útiles e mobiliario.

O Concello de Vigo xa conseguiu para a UNED viguesa trece titulacións. Abel Caballero xa manifestou que a intención do goberno que encabeza é reclamar as carreiras restantes para ter na cidade toda a oferta educativa da Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: