O goberno de Vigo traballa na elaboración dun novo PXOM

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O Pleno celebrado este luns deu luz verde, coa abstención de Marea e o voto favorables dos socialistas, á moción do PP na que se insta ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen das actuacións realizadas para elaborar un novo PXOM. A edil de urbanismo apuntou que hai 15 persoas traballando na elaboración dun novo documento.

A Corporación municipal acordou na sesión plenaria deste luns instar ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen sobre as actuacións realizadas en relación á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. A moción presentada polo grupo popular recibiu o apoio dos socialistas e a abstención de Marea de Vigo.

Durante o debate, a voceira do PP, Elena Muñoz, aludiu ao “extraordinario problema” que supón na cidade a ausencia dun Plan Xeral e lamentou descoñecer que estivo facendo o goberno municipal nos meses que seguiron á anulación do mesmo criticando o informe Parejo como “un atallo, que leva a un canellón sen saída”.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, sinalou a necesidade de traballar nun novo plan con outro modelo de cidade xa que, ao seu entender, “a lei non permite recuperar o Plan do ano 2008” e aludiu á responsabilidade conxunta de Concello e Xunta na anulación do PXOM por parte do Tribunal Supremo.

Sobre o contido da moción, a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, argumentou que no Consello da Xerencia de Urbanismo se dá “información puntual” cando se solicita e asegurou que hai un equipo de 15 persoas traballando na elaboración dun novo PXOM. Nestes momentos están realizando a tramitación medioambiental, seguindo a normativa da Lei do Solo do ano 2013, e criticou que a Xunta de Galicia estea atrasando a resposta ás peticións municipais en relación co novo documento.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: