O Pleno avala a proposta do goberno de Vigo de rehabilitar a Panificadora xunto á Zona Franca

ilcanallarubanes_panificadora_2016_vigo

A moción presentada polo grupo encabezado por Abel Caballero, que recabou o apoio do PP e a abstención de Marea, propón ao Consorcio a rehabilitación conxunta e posta en valor do inmoble. A edil de Urbanismo avanzou que a planificación municipal estima en tres anos a remodelación da Panificadora.

A Corporación viguesa apoiou este luns a proposta do grupo socialista de conveniar a rehabilitación da Panificadora co Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha moción apoiada polo PP e na que a Marea se abstivo.

Defendida pola titular de Urbanismo, María Xosé Caride, o goberno de Vigo instou á entidade estatal á sinatura dun acordo bilateral no que ambas administracións “se comprometen a conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos” á Panificadora, “exemplo único do noso pasado industrial”, segundo reza o texto aprobado.

O Concello de Vigo, explicou a concelleira, garantiría a redacción dos instrumentos de planeamento e xestión necesarios para facerse cargo dos bens e dereitos no ámbito, “sufragándose os custos de adquisición polo Consorcio nas súas dúas terceiras partes e polo Concello no terzo restante”, apunta a moción.

O goberno local subliñou a necesidade de que a Zona Franca invista na cidade e o faga visible con esta actuación de “rehabilitación dun edificio emblemático”, a través dun convenio que inclúa “usos públicos”, manifestou Caride, e baseado nun “proxecto singular”.

Pola oposición, o Partido Popular votou a favor desta moción e pediu “concreción” no proxecto, planificación e prazos. A Marea de Vigo, pola súa banda, manifestou o seu acordo coa adquisición pública da Panificadora mais solicitou participación cidadá e información sobre os contidos, antes de absterse na votación.

María José Caride, na súa quenda final, argumentou que o goberno de Vigo procura promover un acordo e dotalo de contido no convenio, mais xa adiantou que o Concello xa ten elaborado os pregos e unha planificación que estima en tres anos o prazo de rehabilitación da céntrica factoría.

Fotografías da PANIFICADORA

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: