Os atallos non serven para nada

 

ilcanallarubens_santa-cristina-de-lavadores_vigo_2016

A Plataforma de Afectadas e Afectados pola Anulación do PXOM de Vigo e en Defensa da Legalidade Urbanística – SOS PXOM desexa facer público a seguinte análise sobre a Resolución do Consello Consultivo de Galicia:

Entende SOS PXOM que os responsables de conducir o urbanismo do Concello de Vigo fracasaron estrepitosamente ao tentar buscar un atallo tramposo para tentar saltarse á toureira a avaliación ambiental estratéxica aplicable ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, anulado por sentenza do Tribunal Supremo de data 10 de novembro de 2015.

Para SOS PXOM a escusa desharrapada que consideraba impracticable ou imposible o trámite da Avaliación Ambiental Estratéxica desembocou de maneira determinante na definitiva nulidade do plan impugnado e iso porque, no seu momento, non se puideron demostrar fehacientemente os motivos esgrimidos para a exoneración da avaliación ambiental estratéxica.

SOS PXOM comparte a argumentación do Consello Consultivo de Galicia en relación á necesidade dunha nova aprobación definitiva do devandito Plan, na medida en que a Sentenza do Tribunal Supremo declarou nulas as Ordes do 16 de maio de 2008 e 13 de xullo de 2009, aprobatorias do Plan e ditadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, como consecuencia da anulación, por deficiencia de motivación, da Resolución de data 28 de marzo de 2008 que declarou a inviabilidade da práctica da avaliación ambiental xusto ternos prescritos pola Lei estatal 9/2006 do 30 de decembro, entón en vigor.

Opina SOS PXOM que a proposta presentada polo Concello de Vigo no seu escrito, supoñería a conservación dos trámites e dos traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, así como o mantemento do propio contido do plan anulado, e á súa vez, das distintas situacións xurídicas derivadas ou nadas á súa abeiro. Pensamos desde SOS PXOM que iso supoñería unha aberración xurídica e desembocaría, tarde ou cedo, en novos problemas de legalidade e de inseguridade xurídica.

Para SOS PXOM a razón da estimación do recurso de casación estribou no incumprimento flagrante do trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica ao non estar debidamente xustificada a inviabilidade do devandito trámite sobre a imprescindible avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

Para SOS PXOM, como sinala o Consello Consultivo de Galicia, non nos atopamos ante un vicio de legalidade (anulabilidad), senón de nulidade radical. SOS PXOM comparte a visión de que se produciu un vicio de nulidade da Lei 30/92 que implica a nulidade de pleno dereito do PXOM de 2008.

SOS PXOM desexa facer fincapé na necesidade de que o Concello de Vigo abandone as manobras de prestidigitación urbanística e póñase ao choio para redactar unha novo PXOM. Non podemos perder máis tempo.

A Plataforma de Afectados pola Anulación do PXOM e en Defensa da Legalidade Urbanística ? SOS PXOM considera que os atallos xurídicos e as tretas legais non serven para nada e en consecuencia non pode ser amparada legalmente -baixo ningún concepto- a emisión, mediante nova decisión da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, da pretendida declaración de inviabilidade da Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo e por iso haberá ser extremadamente escrupulosos na redacción e aprobación da novo PXOM que a cidade necesita.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: