Que vai aportar o conselleiro hoxe no Parlamento Europeo para afrontar o desafío demográfico?

ilcanallarubens_lidia-senra_europa_age_2016

Lídia Senra denuncia que as políticas dos cargos do PPdeG na Xunta teñen contribuído de xeito decidido á expulsión da mocidade do país.

A eurodeputada de AGE define o actual goberno galego como “un gran contribuidor na destrución do emprego e da aniquilación dos sectores produtivos”.

“É indignante que o señor conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, o señor José Manuel Rey Varela, veña hoxe pola tarde ao Parlamento Europeo dar exemplo de políticas demográficas cando nin el nin todo o goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo foron nin son ningún exemplo de posta en marcha de políticas para que a xente poida vivir na Galiza, todo o contrario”. Así reacciona Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ante o anuncio da conferencia que este martes pola tarde ofrecerá o conselleiro da Xunta de Galicia no edificio da Eurocámara en Bruxelas, dentro dunhas xornadas organizadas polo Servizo de Estudos do Parlamento Europeo sobre a política de cohesión baixo o título “Como poden as rexións da UE afrontar o desafío demográfico?”.

Lídia Senra definiu o goberno da Xunta presidido por Alberto Núñez Feijóo como o goberno “exemplo de aplicación de políticas de destrución do emprego e da destrución dos sectores produtivos” e tachou de “insultante” que o conselleiro do PPdeG veña ao Parlamento Europeo falar de desafío demográfico sen ter en conta as terribles consecuencias das políticas da dereita galega no país, que entre outras situacións está levando a unha emigración masiva da mocidade  “É un insulto á intelixencia das galegas e galegos que un representante da actual Xunta de Galicia fale no Parlamento Europeo como exemplo ante o desafío demográfico”, dixo.

Para a eurodeputada de AGEe, o núcleo do problema demográfico atópase “nas condicións económicas e sociais que impiden ás galegas e galegos levar unha vida digna”. “O que debería facer o goberno de Feijóo, por exemplo, é preocuparse de que as mulleres poidan decidir libremente se queren ter ou non queren ter fillos e para iso cómpre mudar radicalmente as condicións económicas e sociais da Galiza”, defende Lídia Senra. “Nun país sometido a dinámicas económicas que converten ás maiorías sociais en traballadoras e traballadores pobres, ás que o salario non lles dá apenas para vivir e menos aínda para ter fillas o fillos se iso é o que desexan”, defende Senra, “non é de recibo que os responsables desta situación no Goberno veñan a Bruxelas como exemplo en políticas demográficas”.

Neste sentido, Senra realiza un chamamento a cambiar a política en materia demográfica, e iso pasa por políticas económicas e sociais necesariamente, tanto na Galiza como no Estado español como na UE. “A crise demográfica en Galiza comezou xa cando se optou politicamente por baleirar o rural ou coas políticas que están levando á crise do sector pesqueiro”, dixo. “Se de verdade o Goberno galego quere solucionar o problema demográfico galego, debe combater as políticas neoliberais que empobrecen a sociedade a niveis alarmantes.

Nos sete anos que leva gobernando Núñez Feijóo na Xunta, o balance é que na Galiza aumentaron en 56.000 persoas o número de paradas e hai 700.000 persoas en situación de pobreza e risco de exclusión social. O desemprego medrou cinco puntos, os salarios caeron máis dun 6% e o déficit da Seguridade Social diminuíu a un ritmo de 400 millóns ao mes.

Rubens Rocha

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: