Unha vintena de mariñeiros galegos e mariñeiras galegas irán a Bruxelas para abordar no Parlamento Europeo os problemas da pesca

ilcanallarubens_icr-photographer-rande_2015

Debaterán mércores e xoves no seminario ‘Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala’ organizado polo GUE/NGL, AGE, Sinn Féin e PCP. 

Lídia Senra destaca a importancia deste tipo de citas internacionais para loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro sustentable mundial.

Ao redor dunha vintena de mariñeiros e mariñeiras de Galiza desprazaranse a Bruxelas esta semana para abordar no Parlamento Europeo xunto a traballadoras e traballadores do mar de Irlanda e de Portugal os actuais problemas que padecen as frotas pesqueiras e mariscadoras dos diferentes países. O encontro e debate europeo terá lugar este mércores e xoves, no marco do seminario internacional “Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala” organizado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e coordinado pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) Lídia Senra, en colaboración co grupo irlandés Sinn Féin e co Partido Comunista Portugués (PCP).

Ao longo dos dous días que se prolongará o citado seminario internacional sobre pesca artesanal en Bruxelas desenvolveranse varias mesas de debate: Unha delas será a que versará sobre as “Consecuencias da Política Pesqueira Común nas comunidades costeiras”, que moderará a propia Lídia Senra xunto a Liadh ní Riada, eurodeputada do Sinn Féin, e na que intervirá como relator Javier Castro, directivo da Confraría de Ferrol e armador de embarcación de baixura; xunto a John O’Brien, da Organización dos Recursos Mariños das Illas irlandesas; e Frederico Pereira, membro da mesa e do secretariado da Federación dos Sindicatos do Sector da Pesca de Portugal.

Tamén haberá representación galega na mesa sobre “O papel das mulleres na pesca”, na que Ángela García Torres, presidenta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de San Telmo de Pontevedra será relatora xunto a Lia Ní hAodha, investigadora da Universidade Metropolitana de Manchester.

Unha mesa sobre “Os impactos dos acordos internacionais de asociación pesqueira da UE na pesca a pequena escala” e outra sobre “Dereitos das e dos traballadores e seguridade no mar” completarán este intenso seminario que pretende poñer enriba da mesa europea a necesidade de loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro sustentable, con postos de traballo dignos e que teña como prioridade conservar un mar cheo de vida.

Entre o grupo dunha vintena de persoas galegas que se desprazarán ata Bruxelas para asistir á cita irán, ademais dos relatores mencionados, unha delegación de Poio; outra de Corcubión; así como varios representantes da Asociación de armadores do cerco de Galicia Acerga; unha delegación de mariñeiros e mariñeiras de Ribeira; e tamén da Coruña e de Viveiro e da zona norte. 

A cita é de suma importancia tendo en conta que o sector pesqueiro representa case o 7% do PIB galego e que o 80% da nosa flota é de pesca artesanal e de pequena escala, sendo Galiza o lugar do Estado onde máis pesca deste tipo de concentra, cunha frota de aproximadamente 4.500 barcos.

Cartaz da mobilización

ilcanallarubens_cartel-galego-seminario-pesca-artesanal-pe-setembro-2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: