Delegados/as do Grupo Popular-Pastor demandan un posicionamento dos grupos parlamentarios respecto do ERE

ilcanallarubens_protesta-banco-pastor_compostela_2016-758x424

Concentráronse diante do Parlamento de Galiza coincidindo coa sesión de constitución da cámara saída das eleccións do 25 de setembro

Delegados e delegadas do Grupo Popular-Pastor concentráronse este venres ás portas do Pazo do Hórreo para demandar dos grupos parlamentarios un posicionamento respecto do ERE que suporá a perda de 435 postos de traballo en Galiza e o peche de 42 oficinas. Portavoces parlamentarios/as e deputados/as de todos os grupos, agás do Partido Popular, achegáronse a manifestar o seu apoio ás/aos manifestantes.

Segundo explicou a representante da CIG, Rosa Conde, “tanto o goberno da Xunta como os grupos da oposición teñen que posicionarse a respecto deste ERE e pedirlle explicacións ao Grupo Popular-Pastor” polas graves consecuencias que terá, non só pola perda de postos de traballo, senón tamén polo peche de oficinas, que afectará sobre todo no rural galego. “Non entendemos como un Grupo que ten boa parte dos aforros de todas as galegas e galegos pode facer isto, máxime cando a Xunta de Galiza ten convenios de colaboración co Grupo”.

Ademais considerou “unha falta de boa fe por parte da empresa” que xa se estean comunicando eses peches en plena negociación do ERE, o que, ao seu entender constata que “xa tomaron as súas decisións e as están levando á práctica.

Reparto de dividendos

A representante da CIG denunciou ademais a recente recompra por parte do Grupo Popular-Pastor de Aliseda, o negocio inmobiliario que estaba segregado e no que tiña participación outro grupo empresarial, para recuperar de novo o control sobre eses activos.

Xunto a isto lembrou que o conselleiro delegado do Grupo está dicindo en foros económicos que o próximo ano espera repartir dividendos entre os seus accionistas. “O que nos dicimos é que se ten cartos para todo isto, presentar un ERE alegando causas económicas é un insulto para todas as traballadoras e traballadores”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: