Comunicado conxunto de condena ao xuízo que Marrocos fará contra activistas saharauís

cartaz_solidariedade-galega-co-pobo-saharaui

Diversas organizacións, entre as que está a CIG, teñen convocada e chaman a participar na concentración solidaria que terá lugar o vindeiro luns, 26 de decembro, en Vigo, coincidindo co xuízo que o Reino de Marrocos fará contra activistas saharauís, así como para esixir a eliminación das súas condenas e a súa inmediata liberación.

A seguir reproducimos o comunicado conxunto:

Van cumpridos xa seis anos desde que o 8 de novembro de 2010 as forzas de ocupación do Reino de Marrocos desmantelaron o Campamento de Gdeim Izik, ás aforas do Aaiun, capital do Sáhara Occidental, atacando brutalmente á poboación civil saharaui, invadindo o campamento, queimando as súas jaimas, lanzando gases lacrimóxenos e auga fervendo desde os helicópteros sobre a poboación, e estabelecendo unha loita corpo a corpo con ela, nunha acción represiva inxustificábel que ten causado centos de feridos/as e algunhas mortes, entre elas, a do neno de 14 anos Elgarhi Nayem.

Lonxe de render contas diante da Comunidade Internacional por estes feitos, o Reino de Marrocos respondeu coa detención arbitraria de 25 saharauís, acusándoos de organizar dito campamento e participar nesa acción pacífica, coa que máis de 30.000 saharauís quixeron mostrar a súa protesta contra as violacións dos Dereitos Humanos por parte de Marrocos, as desigualdades ás que están sometidos/as, o despedimento masivo de traballadores/as saharauís, os xuízos arbitrarios e sen garantías, e o saqueo dos seus recursos naturais (fosfatos, pesca,…). Converten con isto as vítimas en culpábeis.

Dous anos despois dos feitos, o 17 de febreiro de 2012, foron xulgados sen ningún tipo de garantías e condenados por un Tribunal Militar a durísimas penas de prisión: nove a cadea perpetua, catro a 30 anos, sete a 25 anos, tres a 20 e dous a 2 anos.

Logo das presións e mobilizacións esixindo a anulación do xuízo e a liberdade dos presos políticos, o xuízo militar foi anulado polo tribunal de casación, pero continúan no cárcere e volverán a ser xulgados, esta vez por un Tribunal Civil de apelación en Rabat, o vindeiro 26 de decembro, unha data escollida para dificultar a asistencia de observadores/as internacionais.

As organización que subscribimos este Comunicado queremos expresar a nosa solidariedade cos presos políticos saharauís e rexeitamos este novo xuízo.

Consideramos que o Reino de Marrocos non ten lexitimidade nin competencia para actuar contra eles, xa que non ten xurisdición algunha sobre o Territorio do Sáhara Occidental (tal e como ditan as resolucións internacionais e da propia ONU), condenamos as accións violentas que se levaron a cabo contra o campamento e os posteriores procesos de condena e encarceramento, e rexeitamos un novo xuízo que encausa a persoas inocentes, incriminadas por unha protesta pacífica, na defensa dos seus dereitos.

Este novo xuízo é un episodio máis nun proceso de ocupación que dura xa máis de 41 anos, saltándose todas as resolución internacionais e sentenzas ao respecto, e atrasando a celebración dese referendo polo dereito de autodeterminación do Sáhara Occidental, erguendo muros no seu territorio, sementando minas e condenando ao exilio a centos de miles de saharauís refuxiados/as nos campamentos de Tindouf, mentres outros/as son perseguidos/as e represaliados/as no seu propio territorio.

Só o cese da ocupación, o respecto polos dereitos humanos, a posta en liberdade de presos/as políticos e o exercicio do dereito á autodeterminación do pobo saharauí poden achegar unha solución ao conflito.

Por todo isto, condenamos o xuízo que o Reino de Marrocos fará o vindeiro día 26 contra activistas saharauís e esiximos a eliminación das súas condenas e a súa inmediata liberación. Ao tempo que insistimos en reclamar o cese da ocupación polo Reino de Marrocos e que se cumpran as resolucións internacionais, fixando xa unha data para a celebración do Referendo de Autodeterminación ao que a pobo saharauí ten dereito.

E facemos un chamamento para sumarse á concentración que terá lugar o mesmo día 26 de decembro, ás 11 horas, no Marco da Rúa Príncipe de Vigo.

Este comunicado está asinado por CIG, CCOO, UGT, FRUGA, BNG, Esquerda Unida, En Marea, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) e Asociación de Inmigrantes Saharauís en Galicia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: