A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valora como un rotundo éxito a xornada de loita contra as reválidas

ilcanallarubens_concentracion-conta-a-lomce-e-revalidas_vigo_2016-758x426

Denuncia que supoñen un “ataque directo contra o dereito á educación e á igualdade de oportunidades”

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) valora como un rotundo éxito o seguimento desta xornada de loita contra as reválidas e a LOMCE e a participación nas concentracións convocadas nas cidades de Pontevedra, Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol e Ourense e nas vilas de Carballo, Cee e Vilagarcía.

O portavoz da PGDEP, Anxo Louzao, considera que “tanto o Ministerio como a Consellaría de Educación deben cesar na súa obstinación por aplicar esta lei e as reválidas” porque tal e como se constatou nesta xornada de loita “van contra a vontade unánime da sociedade en xeral e da comunidade educativa en particular”.

Louzao sinala ademais que para a PGDEP as reválidas supoñen “un ataque directo ao dereito á educación e á igualdade de oportunidades” e denuncia que van provocar unha estratificación dos centros, a segregación do alumnado e mesmo a expulsión do sistema educativo daquel alumnado que precise máis apoio ou reforzo ou que pertenza ás clases sociais máis desfavorecidas.

A isto engade que supoñen tamén un ataque á avaliación continua e ao traballo do profesorado e opostas a unha concepción da educación como formación integral das persoas. “As reválidas pretenden orientar o sistema educativo cara a unha visión neoliberal e competitiva do mesmo”, asegurou, e “teñen como obxectivo negar, mediante o seu contido, que en Galiza contemos cun sistema educativo que teña en conta a nosa realidade social, cultural, histórica e lingüística”.

Acto “tiránico”

O portavoz da PGDEP cualifica, ademais, de “acto tiránico” contra o alumnado a imposición destas probas nas que “se xoga todo o seu futuro académico e profesional a unha carta”, mais tamén contra o profesorado, que ve desprezado o seu labor docente, ao afastarse a avaliación do alumnado do seu contexto social e familiar.

Para Anxo Louzao as mobilizacións de hoxe contra as reválidas e a LOMCE “teñen que ser un punto e final desta lei tan lesiva para un sistema educativo galego, público e de calidade”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: