O sector servizos tira da ocupación no III trimestre do ano con contratación estacional

ilcanallarubens_obreros-traballando-nunha-fachada_vigo_2016-758x426

Máis do 80% dos novos/as asalariados/as foron contratados/as neste período baixo algunha modalidade temporal

Como adoita ocorrer, o período estival tirou da ocupación no III trimestre do ano. Isto permitiu un incremento da contratación e unha redución do desemprego en Galiza. Porén para a CIG é preocupante o seu carácter conxuntural, como demostra o feito de que máis do 80% dos contratos asinados neste período foran temporais e de que persistan máis de 72.100 familias no noso país con todos os seus membros activos no paro.

Dos datos tírase que houbo un incremento da ocupación e da actividade e un descenso do paro tanto respecto do trimestre anterior como do mesmo trimestre do ano pasado. Deste xeito, o número total de persoas desempregadas é de 206.700 e a taxa de paro sitúase no 16,3%.

A ocupación increméntase en 23.900 persoas situándose así en 1.057.900 e a actividade sobe en 7.700 activos/as máis, acadando un total de 1.264.600.

Con todo, dos novos asalariados contratados neste período, 20.700 foron baixo algunha modalidade de contrato temporal e só 6.300 cun contrato indefinido, o que pon de manifesto a elevada temporalidade e o seu carácter puramente estacional.

Neste sentido, o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, chama a atención sobre a enorme precariedade do mercado laboral. “Nos últimos anos constatamos que ese emprego que se vai creando é de cada vez menos calidade, con menos dereitos laborais e peores condicións salariais”.

Denuncia que, deste xeito, o que se está asentando definitivamente é un panorama desolador no que xa non está garantido saír da pobreza aínda que se teña un traballo. Considera que esta situación é consecuencia da aplicación das medidas contempladas nas reformas laborais e exixe a súa urxente derrogación.

Ademais demanda, como vén facendo a CIG desde que comezou a crise, políticas claras de apoio os sectores produtivos que permitan crear emprego de calidade e non seguir alimentando o enorme deterioro que está a padecer o mercado laboral, onde todo indica que esa precariedade acabará por se converter en estrutural se non se adoptan medidas inmediatas que lle poñan freo. “O Parlamento galego tiña que abordar esta cuestión como prioritaria e contemplar propostas como as recollidas na ILP que no seu momento presentou a central sindical para comezar a reverter a situación”, conclúe.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: