A PGDEP considera que Rajoy recúa pola loita continua da comunidade educativa contra a LOMCE e as reválidas

ilcanallarubens_concentracion-conta-a-lomce-e-revalidas_00_vigo_2016-758x505

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) considera que o paso atrás que acaba dar Rajoy a respecto das reválidas é consecuencia das continuas accións e loita de toda a comunidade educativa en contra das reválidas e da LOMCE. Valora, con todo, que é totalmente insuficiente, porque o profesorado e alumnado de 2º de Bacharelato terá que se enfrontar este ano a unhas probas das que descoñece por completo o seu contido.

Ante o anuncio no Parlamento do presidente en funcións, o Sr. Rajoy, a respecto de que as reválidas de ESO e bacharelato non serán necesarias para adquirir o título e terán unicamente valor para acceder á Universidade, até que se conclúa o pacto pola educación, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público quere manifestar o seguinte:

–  Este paso atrás é, sen dúbida, resultado das múltiples e exitosas mobilizacións que levamos a cabo contra a LOMCE e as reválidas. A sociedade galega amosou en repetidas e numerosas ocasión o seu total rexeitamento baleirando as aulas e participando nas folgas, non enviando o alumnado a realizar as reválidas de primaria e participando en diferentes accións. Unha mostra da oposición ao desatino e calvario ao que se pretende someter o alumnado foi a folga total de onte, 26 de outubro, no ensino galego.

–  Para a PGDEP é totalmente insuficiente a última posición do Partido Popular, xa que o alumnado de bacharelato terá que sufrir unha proba para acceder á Universidade este curso, da que non  coñece o seu contido, deseño e características. Unha irresponsabilidade e desprezo absoluto co profesorado e co alumnado.

–  Non serven as medias tintas. A única saída é a derrogación da LOMCE e a supresión das reválidas. Iso é o que exixe a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e con ese obxecto continuará a mobilizarse até a súa consecución.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: