Vive Galiza nunha hora falsa?

ilcanallarubens_galiza-unha-hora-menos_2016

Galiza é o país da Europa con maior desfase horário con respeito a hora solar, o que causa enormes problemas a galegas e galegos. Galiza teria que ter unha hora menos como Portugal, Canarias, Reino Unido.

Volvo a rescribir este artigo despois de ver unhas declaracions de Alberto Nuñez Feijóo, Feijóo decía:

“Eu non son portugués, son español”

Pois tan so me queda decirlle a Feijóo que Canarias é España e viven na franxa horaria de Portuguesa e do Reino Unido.

Nas declaracións textuais viña a decir: “Eu non son portugués, son español e non vou copiar un fuso horario diferente ao meu”. Así de contundente se amosou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a posibilidade de que se cambie o fuso horario.

Esta proposta, defendida pola  Arhoe, a Comisión Nacional para a Racionalización de los Horarios, e asumida por C’s no seu programa electoral, está comezando a abrir debates no conxunto do Estado. Hai uns días, o Parlamento balear aprobaba unha resolución na que pedía ao Executivo de Madrid que non se cambie a hora nas illas porque afecta ao turismo.

Neste sentido, e preguntado por GC na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo desbotou esta idea e insistiu en que “España debe ter un fuso horario único”. Así, criticou que os baleares ou algúns partidos galegos –en alusión ao BNG e Anova– queiran ter horas diferentes ao do conxunto do Estado. “Non estou para nada de acordo”, insistiu.

Así, sinalou que España é un “pais mediano” da UE e que non se pode comparar con EE.UU ou Europa, onde hai distintos fusos horarios. “É ridículo que haxa fusos horarios diferentes nun país como o noso”, aclarou.

“Pódese estudar a nivel xeral”

Con todo, Feijóo non se opón a que se abra un debate sobre un cambio de hora en todo o Estado, tal e como propón Ciudadanos. Unha idea á que se sumou tamén o PSOE e tamén o propio PP. “Pódese estudar e se hai un debate que afecte ao conxunto do Estado, pois perfecto, pero outra cousa é dividir o país en fusos horarios. Xa me opuxen durante o bipartito e tamén me opoño agora”, concluíu.

A miña explicación para Nuñez Feijóo

Dentro da poboación ocupada, hai que distinguir o horario dos que terminan pronto de traballar e retíranse pronto polas tardes. Ese horario é moi diferente ao dos que traballan ata altas horas da tarde e recóllense tardíamente. O primeiro estará máis preto dos usos horarios europeos e o segundo responde á pauta tradicional española. Aquí a tradición é relativamente recente, pois sabemos que hai un século o horario urbano asemellábase ao rural e ambos coincidían co modelo europeo citado. O cal consiste en adiantar todo o posible a xornada para retirarse pronto.
Isto débese en gran parte a que España ten unha situación horaria que non lle corresponde polo seu situacion no mapa:

A raia é o meridiano de Greenwich que coincide co horario exacto de Europa occidental tamén coñecido como tempo universal coordinado, os territoros situados ata 15 graos ao oeste da devandita raia teñen horario de Europa occidental (azul celeste), os situados 15 graos ao leste teñen unha hora máis – horario de Europa central – os situados máis ao este horario de europa oriental etc.

Con todo, unha vez máis “Spain is different” e a pesar de estar situada no extremo de Europa occidental ten horario de Europa central.

Isto é así desde que en 1940 ao rexime de Franco, concretamente, pola afinidade ideolóxica do franquismo co réxime nazi alemán e a Italia fascista.  Así ben reflexado no Boletin Oficial do Goberno do 7 de marzo de 1940 publicado a orde na que ordenaba que se adiantase en 60 minutos un horario que ata entón era común ao dos países da súa contorna.

Ao terminar a Segunda Guerra Mundial, todos estes estados europeos decidiron manter un mesmo horario centroeuropeo, ao que se sumaron despuñes Andorra, Xibraltar e Mónaco. España, cuxa localización xeográfica non se correspondía en nada coa hora adoptada, mantivo unha hora máis da que lle correspondía e séguea mantendo máis de setenta anos despois. Unha desfeita que agora pode ser corrixido. Concretamente, pola afinidade ideolóxica do franquismo co réxime nazi alemán. Foi o 7 de marzo de 1940 cando o Boletín Oficial do Goberno publicou a orde na que ordenaba que se adiantase en 60 minutos un horario que ata entón era común ao dos países da súa contorna.

Despois, nos anos 80, o PSOE institucionalizo o costume de engadir unha hora mais no verán polo que o desfasamento horario respecto da hora solar durante seis meses na peninsula é de mais de dúas horas.

O resultado de todo isto é xa sabido: en España amence máis tarde que en ningun sitio e por tanto éntrase a traballar máis tarde e sáese máis tarde, tendo que partir en dous a xornada laboral, que se fai interminable, sendo esta una das causas da baixa produtividade do noso pais, encima hai que saír de noite a traballar, aumentando as posibilidades de accidente de tráfico ou laboral. Ademais, os calorosos días de verán fanse interminables con case dúas horas de desfasamento horario en Catalunya (que a pesar de ser xunto coas illas Baleares a única rexión Española situada na zona horaria de Europa central, segue estando bastante mais preto de meridiano de Greenwich que do meridiano de Europa central) e practicamente tres horas de desfasamento en Galiza onde mesmo houbo xa reclamacións políticas serias de eliminar unha hora.

E en verdade teñen razón, ¿que sentido ten que teñamos a mesma hora de paises tan afastados como Albania ou Polonia? ¿Por que ter dous horarios diferentes un para Canarias e outro para a península? Non ten sentido manternos nunha situación imposta arbitrariamente fai mais de sesenta anos e que ninguén se molestou en cambiar ata a data. Non hai razóns económicas que o xustifiquen porque se así fose outros paises farían o mesmo. Volvamos ao noso horario natural e reclamemos unha hora menos para o noso pais.

Spain is different and Galiza Is not Spain

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: