Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes

Imprimir

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes. A coacción de facenda contra o galego provoca molestias e trámites innecesarias só a quen utiliza o galego así o ven a denunciar A MESA pola Normalización Lingüística. A Axencia Tributaria alega excluír o galego e incumprir a lei por falta de medios.

A Axencia Tributaria é unha das administracións que máis negan a posibilidade de uso do galego, até o ponto de as e os contribuíntes que queren usar a súa lingua nos formularios dispoñíbeis teñen que redixilos de novo á marxe dos oficiais.

Con esta actitude facenda chegou a multar á Mesa pola Normalización lingüística por entender que reclamar as notificación en galego era “obstruír” un procedemento. A sanción foi recorrida pola Mesa no tribunal económico- administrativo que lle deu a razón á entidade en defensa da lingua.

O último caso coñecido a través do servizo A Liña do Galego, foi o dunha persoa que se dirixiu en reiteradas ocasión a Facenda, nun trámite de devolución, para reclamar o seu dereito a que os procedementos dun expediente se realizasen, tamén por parte da AEAT, en galego, tal e como recolle  artigo 36.1 da Lei 30/1992:

“A lingua dos procedementos tramitados pola Administración Xeral do Estado será o castellano. Porén o anterior, os interesados que se dirixan aos órganos da Administración Xeral do Estado con sede no territorio dunha Comunidade Autónoma poderán tamén empregar a lingua que sexa cooficial nela. Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado. (…)”

Ante esta actitude de desprezo e atención discriminatoria, o cidadán viuse na obriga de devolver o ingreso realizado pola administración tributaria como mostra de protesta “coa maneira en que a AEAT trata aos usuarios da lingua galega”.

Finalmente Facenda dignouse a utilizar o galego matizando nun escrito oficial que “nas aplicacións corporativas de Recadación non hai posibilidade de que as comunicacións se realicen en galego”.

A Mesa pola Normalización Lingüística cualificou de lamentábel esta resposta que segundo o seu presidente, Marcos Maceira, “demostra que a Axencia Tributaria non ten ningún interese nin en cumprir a legalidade nin en dar a mínima opción a usar a lingua propia en trámites que ademais son absolutamente obrigatorios”.

“É incríbel e propio dunha obsesión maníaca contra unha lingua oficial, que Facenda alegue falta de medios para usar o galego cando está obrigada legalmente, ou mesmo chegue a perseguir e sancionar a quen está a exercer o dereito a usar a súa lingua no seu propio país”.

A actitude galegófoba de facenda provoca molestias, cargas e trámites innecesarios,  só a quen utiliza o galego. Trátase dunha discriminación aberrante propia do racismo lingüístico, á que se engade a utilización de coaccións directas ou indirectas por parte da administración.

A Mesa insta á Axencia Tributaria a explicar por que é incapaz de manter a legalidade e as obrigas máis elementais de atención e respecto por un dereito básico como é o de uso do galego.

Da entidade a favor do galego lembran  que a administración tamén ten obrigas con respecto ás cidadás e cidadáns e que non pode desprezar continuamente quen só exerce os seus dereitos.

Documento

ilcanallarubens_renta-en-galego_00_2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: