O alcalde de Vigo Abel Caballero, as multas e outras lerias…

ilcanallarubens_aparcadoiro-municipal-hospital-alvaro-cunqueiro_-sen-empezar-as-obras_vigo_2016

CIG-Saúde de Vigo denuncia que se están a recibir, por usuarias e traballadoras, sancións por importe de 200 € por vehículos mal estacionados no entorno do Hospital Álvaro Cunqueiro con data do pasado mes de maio.

Pese as reiteradas declaracións do Alcalde de Vigo nas que prometía non multar aos coches mal estacionados nos viais do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, as traballadoras e usuarias deste hospital están a recibir sancións con data do pasado mes de maio, onde a denunciante é a antiga xerente da empresa concesionaria.

Entre as promesas realizadas polo alcalde incluíase a apertura dun parking público do que descoñecemos o estado no que se atopa na actualidade porque na zona onde se prometeu segue igual tal como amosamos na fotografía que encabeza o artigo.
Do mesmo xeito, descoñecemos os motivos do cambio de criterio do Concello, non só no que se refire ás súas competencias no ordenamento do tráfico se non, o que nos parece máis grave, no inicio do proceso sancionador con carácter retroactivo obviando as súas promesas, entre as que incluía a de retirar vehículos mal estacionados que supuxeran problemas de seguridade pero non sancionalos.

Desde CIG-Saúde tamén denuncian os problemas de acceso ao Hospital nos horarios de maior afluencia, como son as entradas e saídas do persoal, agravados desde que se prohibiu o estacionamento en zonas non reguladas, sen ofertar outra alternativa que non sexa o aparcamento de pago da Empresa Concesionaria.

Por estas razóns a CIG esixe do Concello de Vigo e da Consellería de Sanidade:

– A apertura, acondicionamento e ordenamento como aparcamentos gratuítos dos espazos existentes ao arredor do Hospital que poidan ser susceptibles de ser usados con ese fin e que na actualidade carecen de uso e están sen urbanizar.

– O reordenamento do tráfico seguindo un criterio máis funcional para o transporte público e os servizos de transporte sanitario.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: