O Comité denuncia a campaña de Ferroatlántica “para enganar a opinión pública con proxectos fantasiosos”

ilcanallarubens_o-comite-denuncia-a-campana-de-ferroatlantica_2016-758x423

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a “campaña de mentiras e contaminación” coa que a empresa “pretende enganar a opinión pública”. Estas afirmacións responden á visita que o Presidente de Ferroatlántica realizou esta semana á comarca para reunirse cos alcaldes de Cee e Dumbría. Unha viaxe que contrasta coa negativa de Pedro Larrea a trasladarse á Galiza para aclarar a situación das centrais hidroeléctricas no pleno do Comité.

Neste senso, o Comité denuncia o carácter propagandístico da visita do Presidente de Ferroatlántica, falando de “promesas e proxectos que só figuran no seu imaxinario”. Subliñan que nin a venda das centrais repercute na comarca, nin esta sería xustificación para a operación, nin tampouco os cambios administrativos dos fluxos do sistema eléctrico amparan as pretensións de segregación das actividades.

“Esa ‘operación de ouro’ para o grupo significa a ruína da comarca”, destaca o Comité. Unha mensaxe compartida polos alcaldes que se reuniron co Presidente da empresa, a quen lle amosaron o seu claro rexeitamento á operación. Insiste o Comité no feito de que a única garantía de futuro para as fábricas de Cee e Dumbría e os empregos “é manter vinculadas e dentro do mesmo grupo as actividades de ferroaleaxes e de produción de enerxía”.

Recuperar o control público das concesións

“Nin as centrais nin os nosos recursos naturais están á venda, polo que agardamos que o goberno do PP tome boa nota”, apuntan. Tanto a representación social como os alcaldes, volveron solicitar a intervención inmediata da Xunta de Galiza e do seu Presidente pois “é o único que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa”.

Sobre esta punto, destacan que se a empresa considera que as centrais hidroeléctricas xa non resultan rendíbeis para o grupo porque representan menos do 5% e, tal como asegura a dirección, as factorías xa non dependen da produción de enerxía, “entón é o momento de que a Xunta, e como salvagarda do interese público, recupere o control público das concesións e non permita unha operación especulativa cos recursos naturais da nosa comarca”.

“O Comité de empresa, ao igual que os alcaldes, esiximos da empresa que cese no seu empeño de vender as centrais e demandamos un Plano Industrial de futuro en base as condicións que permitiron a autorización administrativa dos aproveitamentos hidráulicos.  A industrialización e inversión na comarca é unha demanda histórica de xustiza social pola espoliación dos nosos recursos naturais”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: