Os novos VITRASAS e seu PERIGO

ilcanallarubens_asientos-vitrasa_2016

Hai unhas semanas o Alcalde de Vigo presentaba aos medios os novos vitrasas que se incorporarían á frota de autobuses concretamente o Faro de Vigo los publicitaba de la siguiente manera o 17/11/2016

Vitrasa incorpora 16 novos buses con Wifi e cargadores

Vitrasa renova 16 autobuses da súa frota para seguir apostando polos vehículos de novo deseño con tarima no chan e que incorporan wifi gratis a bordo e conexión USB para cargar o móbil ou a tablet. Os usuarios poderán facer uso destas novas prestacións nas liñas 15A, 15B, 15C, 5A, 5B e as do novo hospital ás que están inicialmente destinados. O investimento roza os 4 millóns de euros.

A presentación dos autobuses realizouse esta mañá nas instalacions do aparcadoiro do Verbum. “Damos un mellor servizo aos cidadáns”, destacou o director xeral da concesionaria do transporte colectivo na cidade, Juan Carlos Villarino. Ao acto tamén acudiu o alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Transportes, Ángeles Marra, e o presidente do Grupo Avanza, ao que pertence Vitrasa, Luís Fernando Lozano Bonfil.

Trátase de 14 autobuses de doce metros de longo e dous “orugas” de 18 metros. Os vehículos da marca MAN e carrozados por Castrosua incorporan motores Euro VI máis eficientes e que reducen as emisións contaminantes. A frota actual da compañía alcanza os 124 autobuses e no últimos cinco anos renováronse 50.

»Pois ben pola miña banda resaltar algo que cabe ter en conta

Son bonitos esteticamente e por dentro espectaculares pero bueno teñen un pequeno detalle que o fai perigoso mais non quero alertar senón mostrar realmente a verdade.

Os asentos

E iso perigoso son os asentos que dispón, moitos anciáns e anciás como estudantes na súa maioría quéixanse que cando o autobús ponse en marcha os cus da xente tenden a comportarse como unha pastilla de xabón, nas freadas no caso que teñas a unha persoa diante cha cómes sen necesidade de facelo, en caso que teñas en fronte un asento os dentes podes deixar dando gañanzas aos dentistas, en caso que che toque o asento do centro da fila última todo o corpo pode facer unha croqueta ao mais estilo Chicote.

Todo isto porque os asentos dos novos vitrasas teñen menos detalles que un SEAT PANDA os cales fan ser inseguros para o cidadan ou sexa son de plástico pulido cunhas estrías que son adornos tal como os condons… gustariame coñecer ao diseñador xa que se debeu esquecer que Vigo e custa abaixo.

Ter coidado en ir nun vitrasa novo, agárrate ben forte e vixía o pé do chofer, o que avisa non é traidor senón digo #VigoVerdade e se tal levar casco.

A suposta tarima

A tarima que dixeron en tal presentación non é unha tarima é como un sintasol que imita unha tarima na cal nos anteriores autobuses que xa circulaban pola cidade nalgunhas partes sofren desgaste. VITRASA XA DISPOÑIA DESTE SERVIZO nada novo.

A conexión WIFI

A conexión a Internet gratis inalámbrica pois é unha conexión desesperante xa que non dá o servizo que ten que dar, para recibir mensaxes ao mensaxeiro Whatsapp ou Telegram chegan tarde como cando envías un texto. Só cabe sinalar que se conecta rápido á rede pero daquela o demais deixa moito que desexar. VITRASA XA DISPOÑIA DESTE SERVIZO nada novo.

Os cargadores USB

Os cargadores USB están situados en zonas equivocadas xa que devanditos cargadores deberían estar ao alcance de cada un dos usuarios e usuarias que sentan en cada un dos asentos sen ter que facer filigranas para que non se faga un leou de cables os que fan poñer en perigo á persoa que ten que abandonar o autobús porque lle chegou a súa parada. VITRASA XA DISPOÑIA DESTE SERVIZO nada novo.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: